Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

venres, 1 de xullo de 2016

Seguimos cos premios: 314.900€ máis en convenios coa prensa para publicidade

Se a finais de xuño publicaba os convenios coa prensa a Consellaría de Medio Ambiente, desta volta é a Consellaría de Economía, Emprego e Industria, por unha cantidade lixeiramente inferior: 314.900€. A listaxe destes convenios publícase no DOG do 4 de xullo entre a totalidade dos convenios subscritos por esta consellaría no primeiro cuadrimestre do ano.

De entre os premiados destaca La Voz de Galicia S.A. con case a metade da torta, para non variar, con 149.990,44 €.  Pola súa banda, o segundo premio é para Faro de Vigo, S.L.U. coa menos da metade de asignación do primeiro, con 68.468,10 €. Pecha o podio El Progreso de Lugo, S.L., a moita maior distancia, con 25.842,05 €.

O obxecto, coma sempre, resulta xenérico abondo para meter nel calquera laboura de publicidade institucional: "elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e que resulten de interese para a cidadanía". E despois aínda queda outros tipos de convenios específicos por consellarías, ou o que son directamente subvencións da Secretaría Xeral de Medios ou os contratos de insercción de anuncios. A listaxe é ampla, o diñeiro pagámolo toda a cidadanía e pérdese de ir a outros fins que nos resultarían verdadeiramente de maior interese a todas e a todos.

Outros dispendios públicos

Ningún comentario:

Publicar un comentario