mércores, 13 de xullo de 2016

Seguimos a cámara lenta nos procesos selectivos da Xunta: oferta do 2011, convocatoria de 2014 e toma de posesión no 2016

Achéganos Función Pública os dous postos que prevén ofertar para a elección de destino definitivo da persoa aspirante que superou o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as, convocado por Orde do 9 de mario de 2014 (DOG nº 99 do 26 de maio).

En realidade neste proceso había unha soa praza en liza e ofertan dúas vacantes a escoller, as dúas en Santiago de Compostela. Proceso selectivo minimalista, ofertado en 2011, a pesar do cal, foi convocado en maio de 2014 e a toma de posesión aínda vai ser, con sorte, en xullo de 2016. Recordamos que, recentemente, na Administración Xeral do Estado, convocaron 365 prazas de Axente da Fancenda Pública, que veñen da OPE deste mesmo ano, onde se establece unha  previsión  sobre  a  duración  máxima  da  fase  de  oposición  do  proceso  selectivo  de  doce  meses.


Estas son as dúas prazas que se prevén ofertar:

MAA992000015770007 - ENXEÑEIRO/A TECNICO TOPOGRAFO/A
A2
22 (nivel)
AUGAS DE GALICIA (SERVIZOS PERIFÉRICOS)
DEMARCACIÓN GALICIA - CENTRO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
SANTIAGO DE COMPOSTELA
ENX.TECN.TOPOGRAFICA (titulación esixida)
 
MR4020000315770078 - TÉCNICO/A EN CARTOGRAFÍA
A1 / A2
20 (nivel)
DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO
S. X. DE INVESTIGACIÓN E APOIO CIENTÍFICO-TÉCNICO
SANTIAGO DE COMPOSTELA
ENX.TECN.TOPOGRAFICA, ENXEñERIA SUPERIOR, LIC.XEOGRAFIA (titulación esixida)  

Novas relacionadas: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario