Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

martes, 3 de xaneiro de 2017

Ampliación do permiso de paternidade a 4 semanas a partir do 1 de xaneiro

O dereito viña recoñecido nunha lei de 2009 pero tiña a súa entrada en vigor diferida ata 2012. Ao final, sucesivas prórrogas foron sendo impostas ata que finalmente, 8 anos despois de súa publicación, entra ao fin en vigor.  As versións oficiais aplauden a nova cando en realidade é para ficar avergoñad@s.

Agora veñen os aplausos entre tímidas críticas de falta de igualdade nas responsabilidades da crianza, pero a realidade é que de mellorar a conciliación ten tan pouco como a súa escasa duración, tendo en conta como están configurados no estado español os dereitos asociados a ter, adoptar ou acoller unha crianza. Coma se o estado español non tivese unha natalidade pobre, e máis pobre aínda na Galiza. Pola contra, aquí todo é sobre as costas da clase traballadora, en particular das mulleres, conciliación incluída, tratando de aumentar a competitividade a base de reducir dereitos ou oportunidade laborais.

Nas Administracións públicas rexidas polo EBEP contábase tamén con 15 días até a entrada en vigor da nova norma en outubro de 2015 que a subiu a 4 semanas. A diferenza coa empresa privada é que para os efectos do subsidio da Seguridade Social esta pagaba 13 días e os outros 2 a empresa (como permiso) e nas Administracións os 15 corrían a cargo da Seguridade Social.

Na Xunta, desde a Lei de Igualdade do 2004, con carácter xeral contábamos con 29 días de permiso, correndo o pagamento dos 14 restantes a conta da propia Administración autonómica. Estes 29 días recóllense tamén na Lei de emprego público galega promulgada en abril de 2016.

Ningún comentario:

Publicar un comentario