Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 3 de xuño de 2026

Corpos xerais: RPT para as tomas de posesión, as promocións internas e algo máis


Na reunión da mesa sectorial do luns 01/06/2026 abordáronse varias cuestións relativas ás tomas de posesión de corpos xerais:

 A RPT para incrementar prazas para os actos de elección de destino

En primeiro lugar, o asunto que se levaba á mesa era a RPT da Administración xeral, onde se creaban postos para poder realizar as tomas de posesión.

Créanse 341 postos e amortízanse 170, polo que o saldo neto é de 172 postos creados. Os postos creados son basicamente postos base, excepto 6 C2 con nivel 14, que se crean en centros de ensino. Os postos amortizados son maioritariamente nos Servizos Centrais.

Á primeira pregunta sobre se as prazas son suficientes para facer os actos de elección de destino das 8 promocións de persoal funcionario, di que si. Preguntamos se as prazas amortizadas son vacantes puras, cousa que confirma.

En segundo lugar, expomos que se poden crear postos base nos servizos periféricos porque, se sobraron do concurso, non habería problema en crear máis e que existan máis probabilidades de que as persoas poidan escoller cerca ou a unha distancia razoábel do seu domicilio.

Consideramos que non se deben amortizar prazas en centros pequenos porque aí tería máis repercusión sobre o incremento da carga de traballo. E tamén destacamos que as creacións de prazas de auxiliar e subalterno en centros de ensino, se se fai por ratio, non debería de ter a contrapartida de amortizacións, pois é unha obriga crealas.

Non atenden estas últimas demandas. Aínda así, pensamos que deben actuar con celeridade para ter todo listo para os actos de elección de destino.

A nós non nos saen as contas porque para que comecen a mediados de xuño terían que estar publicados xa.

A directora di que nos informará a finais de semana, o cal é adiar outra vez a decisión.

Creacións e amortizacións
CREAN AMORTIZAN
 A1 (20) 125   C1-C2 (16) 81 
 A2 (16) 141   C2 (14)
 C1 (14) 58   C2 (12) 50 
 C2 (14)  AP (10) 33 
 AP (10)    
 AP MAN (10)    
 TOTAL 341   TOTAL 170 

 

A cuestión das promocións internas

Neste asunto, tal e como informamos aquí, dende a CIG vemos unha solución clara, rápida e que garante os dereitos do persoal das promocións internas. E ademais non é algo novo porque XA SE PROBOU en 2022 e funcionou. As persoas que promocionan e concursan a postos abertos ao subgrupo ao que promocionan deben poder ter ese posto como destino definitivo.

A directora intenta dar unha explicación,  pero os argumentos son bastante febles e curiosamente a eiva que formula teríaa a promoción de 2020 e non a de 2023. O que intenta coarnos é unha suposta inxustiza en que se “reclasifique” o posto porque, segundo ela, os de 2020 promocionaran e estaban en provisional cando se convocou o concurso, polo que tiveron que concursar dende a excedencia no subgrupo inferior.

Non acabamos de velo e preguntamos cal é o problema diso? E cal e o problema de que non se resolva coa solución que propomos.

A verdade é que ou hai preguiza intelectual para tratar de resolver problemas ou hai razóns que se nos escapan para non adoptar a decisión. O que temos claro é que as explicacións son desculpas.

O que propón ela son dúas opcións: a primeira dar destino á promoción de 2023 (a de 2020 xa entra) coa incompatibilidade da praza de concurso e a da PI. A segunda, adiar a toma de posesión para máis adiante (comeza falando dun mes despois) para que as persoas que concursen tomen posesión no concurso e logo poidan tomar posesión nese posto no subgrupo ao que promocionaron.

Esta solución valería para os que concursaron, pero relegaría os que promocionaron e non concursaron e non teñen un posto aberto a elixir despois dos outros 7 procesos que van ir aos actos de elección de destino.

Os outros sindicatos aceptan a opción da Administración de adiar a toma de posesión da promoción de 2023.

A directora di que nos dirá as datas que reclamamos e a decisión adoptada a finais de semana.


SOBRE O NOVO COMUNICADO CONXUNTO DE CCOO, UGT E CSIF

Non sabemos que intereses teñen a Administración e estes tres sindicatos en non aceptar a solución proposta. O que si sabemos é que as súas propostas son coincidentes e prexudiciais.

Din que a CIG “non informou” o colectivo. Como todos saben, si se informou, aínda que pola urxencia fose a través de canles co colectivo afectado. E a nota na noso web foi media hora despois de que eles sacasen os seus informas.

A resignación destes sindicatos dicindo que só hai dúas alternativas, as que di a directora, e desbotando a alternativa de facer o mesmo que no ano 2022 fortalece máis a decisión da Xunta de non optar por ela.

E o que xa é intolerable é que nos veñan con esas cando eles estiveron pedindo sinaturas para que a promoción interna tomase posesión xa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario