Complementado a información que onte difundimos, achegamos máis información sobre os actos de elección de destino e tomas de posesión de corpos xerais.
No concurso de traslados adxudicáronse 833 prazas en 1ª fase, 240 en resultas e 2 de oficio. Quedaron sen adxudicar 6 xefaturas de sección e mais ou menos 110 prazas de xefatura de negociado (das que unhas 90 estarían en Santiago).
Acto de elección de destino
Tal e como vos trasladamos onte, o acto de elección de destinos será único para os dous bloques (os bloques só indican a prioridade na elección pero non implican actos sucesivos).
Para estes actos están valorando a posibilidade de que se poida escoller ademais de por posto, por localidades ou niveis, o cal facilitaría o acto de escolla.
Esperan que as datas posesorias finalicen previsiblemente a mediados de xullo.
Teñen que elixir destino nestas tomas de posesión 1.330 persoas do bloque 1 e 762 do bloque 2, que sumarían 2.092 persoas.
| BLOQUE 1 | |
| FUNCIONARIZACIÓN | 5 |
| PROMOCIÓN INTERNA 2020 | 92 |
| LIBRE 2019 | 721 |
| PROMOCIÓN ESPECÍFICA | 23 |
| LIBRE 2022 | 489 |
| BLOQUE 2 | |
| CONCURSO 2022 | 635 |
| CONCURSO-OPOSICIÓN 2022 | 127 |
Prazas
Para a elección destas persoas disporase de mais ou menos 2.630 prazas, tendo déficit nos grupos A1 e A2 ( sen especificar a cantidade) e superávit nos grupos C1, C2 e AP.
Postos do Consorcio
Para tentar cubrir ese déficit para as tomas de posesión van a incluír 60 postos pertencentes aos Servizos Centrais do Consorcio que non pasaron polo concurso: 11 postos base A1, 8 xefaturas de sección, 6 postos base A2, 1 xefaturas de negociado, 4 postos base C1, 6 xefaturas de grupo e 24 postos base C2.
Xefaturas de negociado
Dos
110 negociados que sobraron do concurso, 90 son en Compostela. Valoran
introducir para as tomas de posesión negociados que non pasaran polo
concurso de características similares (parecen dar a entender que en
Compostela), “comprometéndose” a non ofertar prazas de negociado en
delegacións.
Xefaturas de sección
Das
seccións só se ofrecerán as 6 que sobraron do concurso e as do
Consorcio, pero non ofrecerán o resto das que non pasaran polo concurso
(sobre 147).
Postos das oficinas de emprego retirados do concurso
Non as ofertarán.
Postos base
No
concurso sobraron 200 postos base A1 e A2 sen coller polo que poderían
incluír postos de similares características. E como aínda así existe
déficit de postos, terán que realizar modificacións nas RPT ou ven para
crear postos de nivel 16 ou abrir postos dese nivel ao subgrupo A2.
Promoción interna 2023
Instámoslle a que incluíse na toma de posesión á promoción interna do 2023 (OEP´s 2020-2021), pero a directora de Emprego Público negouse, alegando que non estaba rematado o proceso (están en proceso entrega documentación, que remata a finais de maio, con probabilidade antes de que comecen as eleccións de destino, polo que non é escusa).
Tamén lle pedimos a estimación que tiñan de entre as persoas aprobadas nesta promoción, cantas terían que elixir destino para saber que provisión de prazas serían necesarias, pero novamente negouse a dar os datos alegando que era un proceso sen acabar, que non se vai levar a toma de posesión neste momento e que estes datos daríanse máis adiante, cando corresponda, xa que agora non é o momento.
Datas
En canto ás tomas de posesión, estima a Directora que estarán rematadas, en previsión, antes do 15 de xullo co cal o comezo das tomas de posesión serían a mediados de xuño, polo que os actos de elección de destino e coñecemento das listaxes de postos non se debería de demorar máis alo de comezos de xuño e a finalización dos prazos posesorios prevén que serían a mediados de xullo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario