Este Domingo 12 de Febreito tócanos sair a rúa a defender a sanidade Pública.
SOS Sanidade Pública e outros colectivos de Sanidade teñen convocado unha manifestación, que vai ser masiva, para denunciar as graves eivas de persoal e estruturas que padece a Sanidade en Galicia. En concreto denúnciase o desmantelamento da Atención Primaria, a degradadción das Urxencias e a atención especializada e as longas listas de espera.
Como cidadáns e como persoal público debemos apoiar esta iniciativa que incide na mellora de un servizo público vital, e no benestar de toda cidadania.
Así dende A CIG-Autonómica de Servizos Centrais animámosvos a todas/os a acudir este domingo ás 12.00 H na Alameda de Santiago de Compostela en defensa dunha sanidade pública de calidade e que fuxa dos recortes implementados polas políticas neoliberais estes últimos anos.
Vémonos o Domingo na defensa dos servizos públicos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario