Posiblemente a parábola da Biblia máis inxusta sexa a do fillo pródigo. Aquél que abandona a casa, e volta anos despois recibe o mesmo ou mellor trato que o que botou toda a vida ao lado do pai.
Non sei se será unha alegoría acertada (e menos para nos que somos máis ben ateos) pero non deixa de haber un claro paralelismo co que pasa na Xunta de Galicia.
A Dirección xeral da Función Pública está enfrascada en solucionar as diversas problemáticas que lle botaron enriba por anos de inacción e chapuceo, como son a estabilización e a funcionarización, cousa que está moi ben; pero esto non pode facer que outros problemas non teñan solución.
O persoal funcionario ten tamén dereitos, e un deles é a mellorar na carreira administrativa, somos xente preparada con anos de estudio e esforzo que merecemos unha oportunidade para mellorar.
Pero a Xunta de Galicia furtanos esa posibilidade ao agochar debaixo da alfombra 942 prazas das ofertas sin convocar dende 2020.
Cantas expectativas de mellora xa se teñen furtado por non convocar esa prazas!!! Cantas horas de estudo levamos feito para non poder demostrar a nosa mellora profesional!!!! Cantos cartos invertidos en academias para nada!!!!
E non señor Barreiro, xa nen incluso nos vale a cousa como foi ata o de agora, queremos Promoción Interna este ano e baixo novas premisas máis xustas e razonables como:
- Convocatorias todos os anos co máximo de prazas posibles .
- Tribunais profesionais e que resolvan en prazo e forma os procesos.
- Nivel das probas acaídos coas funcións a desenvolver no novo grupo (non unha nova oposición de entrada, como o de ata agora).
- Exámenes similares cada ano que permitan gardar a nota dos exámenes aprobados varias convocatorias.
- Posbilidade de aumentar os puntos de antigüidade ata o máximo posible (fase de concurso senón única; sí moi ampliada).
Señor Barreiro os/as funcionarios/as de carreira existimos, e somos o fillo pródigo que sempre estivo na casa. Agora tócalle facer algo por nos, porque temos dereito a elo e xa vai fora de tempo....
Ningún comentario:
Publicar un comentario