Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 27 de xuño de 2023

Queres paguita extra? Fala cos xestores de AMTEGA


Eres bo traballador/a?, eres sumiso/a?, eres do partido?, fas o que che mandan sen rechistar?, ou simpremente coincide que traballas na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)?, pois si e así estas en hora boa, podes ter unha boa productividade na nómina sen que nadie se entere, claro saltandose a normativa que regula estes pagos, facendoa dixital, oscurantista e arbitraria, a normativa que regula estes pagos vai de seguido:

Incentivos económicosA participación nos grupos de traballo ou unidades poderá ser incentivada coa percepción dun complemento de produtividade ou compensada con gratificacións extraordinarias, e corresponderá a cada centro directivo a elección, de xeito motivado, do tipo de incentivo.

O complemento de produtividade, que estará ligado á consecución de obxectivos, estará especialmente indicado na realización de tarefas de especial complexidade, dedicación e esforzo en que a iniciativa e o interese do persoal empregado público resulten decisivos na consecución dos obxectivos establecidos.

Produtividade: O complemento de produtividade que, se é o caso, se destine a retribuír o especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou a iniciativa con que o persoal funcionario desempeñe o seu traballo, nos termos establecidos na disposición transitoria décima da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

O complemento de produtividade establecerase de acordo con criterios obxectivos que aprobe o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría correspondente e logo do informe da Dirección Xeral da Función Pública, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, unha vez escoitados os órganos de representación do persoal. Os complementos de produtividade débense facer públicos nos centros de traballo.

Decir que nen nos tablóns de anuncios, nen foron informadas, nen escoitadas as Xuntas de Persoal ou Comités de Empresa, como e perceptivo. Todo isto fixemollo saber a AMTEGA, en escrito asignado e enviado en abril de 2023, do que non temos resposta, e non só non temos resposta, si non que nos dixeron traballadores que este ano 2023 van a repartir outra vez diñeiro, como fixeron no 2022.

Nos dende a Xunta de Persoal de SSCC vamos a tomar todas as medidas para que esto non se repita, si fai falta ir o xuzgado, o Valedora do Pobo....que non duden os xestores desta Axencia que o faremos. Queremos luz e transparencia sobre os emulumentos que cobran os traballadores e o porqué o cobrán, como di a lexislación vixente, como parte da administración autonómica a que pertenece, e non que se funcione como un macro-chiringo que parece que é o que queren os seus xestores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario