xoves, 15 de xuño de 2023

Horario de verán 2023

 Horario oficial:

Do 16 de xuño ata o 15 de setembro deberán realizarse 6 horas diarias continuadas de traballo entre as 8:00 e as 15 horas. O cálculo do cumprimento da xornada laboral será en cómputo diario.

Horario flexibilidade automática:

Do 16 de xuño ata o 15 de setembro, deberán realizarse 6 horas diarias continuadas de traballo entre as 8:00 e as 15 horas. O cálculo do cumprimento da xornada laboral será en cómputo diario.

Ata o 30 de xuño será posible compensar débeda do mes de maio e ata o 31 de xullo débeda da primeira quincena do mes de xuño. O tramo horario de compensación será de 8:00 a 15:00 horas.

Horario flexibilidade conciliación:

Do 16 de xuño ao 15 de setembro, deberán realizarse 6 horas de traballo diarias na franxa horaria autorizada pola Secretaría Xeral Técnica na resolución de concesión de flexibilidade por conciliación. O Cálculo do cumprimento da xornada laboral, será en cómputo mensual.

Ata o 30 de xuño será posible compensar débeda do mes de maio e ata o 31 de xullo débeda da primeira quincena do mes de xuño.

Horario redución de xornada de traballo diaria:

Do 16 de xuño ao 15 de setembro, deberá realizarse diariamente dentro da franxa horaria autorizada polo órgano de persoal correspondente para a concesión desa reducción de xornada o tempo de traballo que se determine mediante a seguinte fórmula:

                                            0,80x XR*

XR = nº de minutos traballados diarimante en xornada reducida.

Queda excluído o persoal suxeito a horarios especiais e persoal a quendas, segundo dispón a Instrucción do 20 de xuño de 2013.

Así mesmo, e por motivos de conciliación da vida familiar e laboral, os empregados e empregadas públicas que teñan ao seu cargo persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33% sempre que convivan co solicitante e dependan deste, poderán acollerse a esta modalidade de xornada ato o 30 de setembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario