Miles de persoas chegadas de toda Galiza tomaron este domingo as rúas de Compostela para denunciar as consecuencias dos recortes na sanidade pública galega e a súa progresiva privatización. Canda elas mobilizáronse tamén as traballadoras e traballadores do sector de ambulancias, en folga desde o pasado xoves. Miles de voces que, nunha Quintana ateigada, apuparon o presidente da Xunta porque “co lío que hai aquí, Feijóo está en Madrid”.
Sindicato Nacionalista de Clase
luns, 11 de febreiro de 2019
A EGAP convoca as actividades de formación continua do primeiro semestre deste ano
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá remata o 15 de febreiro.
O DOG do 6 de febreiro recolle a resolución da Escola Galega de Administración Pública coa relación dos 178 cursos dirixidos a persoal empregado público.
Poderán inscribirse neste plan de formación o persoal público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e na Administración institucional, que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria e para cada un dos casos no anexo II da resolución adxunta.

Abre o prazo para solicitar o recoñecemento médico anual
O prazo de inscrición finaliza o 6 de marzo.
No DOG do 4 de febreiro publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos. A campaña de vixilancia da saúde está dirixida a todos/as os/as traballadores/as da Xunta de Galicia, agás ao persoal que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, ao persoal e centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e ao persoal de entes públicos e fundacións. O martes 5 de febreiro comeza o período de inscrición.

xoves, 7 de febreiro de 2019
Gran Manifestación o domingo 10 de febreiro en Compostela: PARA DEFENDER A ‘NOSA’ SANIDADE PÚBLICA
A manifestación sairá do parque da Alameda de Compostela ás 12:00h
Parece que hai unha rebelión na sanidade. POIS SI, si hai. Motivos:
– recortes
– precariedade
– problemas de accesibilidade a probas diagnósticas
– sobrecarga crónica
– perda da dirección autónoma de atención primaria
– perda de financiamento
FALTA DE TEMPO PARA ATENDER AOS PACIENTES
Folga PAC, Folga Urxencias CHUS, dimisión xefaturas de atención primaria, paros semanais nos centros de saúde, folta de ambulancias,…

mércores, 6 de febreiro de 2019
Carreira profesional: boletín informativo
Xa o decíamos nas asembleas, nas visitas aos centros de traballo e neste boletín: a carreira profesional na Xunta non é unha carreira, é un maratón.
Poñemos a túa diposición en formato electrónico o noso boletín especial "carreira profesional"; un boletín didáctico no que explicamos o máis detallado posible o que hai na carreira profesional que figura no acordo de concertación social da Xunta.
Tratamos de explicar o que se pode o detalle do que hai no acordo, bastante confuso, porque a parte da carreira profesional son 7 páxinas dun total de 27 cando no Sergas por exemplo adican tan só 39 a toda a carreira profesional. Aquí queda todo aberto á interpretación da famosa comisión de seguimento e ás disposicións orzamentarias. Por non falar dos agravios na súa posta en marcha que nos volven poñer no vagón de cola do persoal público da Xunta de Galiza. Na última páxina xustificamos a nosa postura.
Acordo de concertación: boletín informativo
Poñemos a túa disposición un boletín informativo sobre o Acordo de concertación do emprego público de Galiza, no que facemos un repaso dos aspectos positivos e negativos deste texto que vai ter un importante impacto sobre o persoal ao servizo da Administración Autonómica.
Entre outros asuntos, falamos: da carreira profesional, retribucións, mellora de emprego e das condicións de traballo, a funcionarización do persoal laboral, as ofertas de emprego, ..
Se despois de lelo tes dúbidas, podes contactar coa CIG.

A CIG disposta a mellorar unha carreira profesional, insuficiente, inxusta e discriminatoria, solicita renegociala
| A carreira profesional na Xunta |
As liñas fundamentais serían o carácter universal, incluíndo a todas as persoas empregadas públicas no sistema extraordinario, e a redución dos períodos para cobrar o 100% en dous anos nos graos I e II como no SERGAS.
Para isto a CIG
presentou un escrito este o día 24 de xaneiro non que solicita que se convoque a
Mesa Xeral de Negociación, xa que o acordo foi votado na Comisión de
Persoal e posteriormente foron alterados os contidos ás agachadas, tendo como resultado que o que se asinou non é o que se votou, e que isto privou á CIG do dereito de negociación.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)