Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 14 de maio de 2019

Para cando os segundos exames da promoción interna? E no resto de procesos?

A CIG trasladoulle estas preguntas ao director xeral de Función Pública.

Centos de compañeiras e compañeiros que concorren á promoción interna non saben a día de hoxe cando se celebrarán os segundos exercicios deses procesos selectivos. Nen sequera unha data aproximada.

Tendo en conta que agora comeza un período vacacional, e co fin de conciliar a vida laboral e familiar, saber si se celebrarán as probas no verán, antes ou despois, parece de sentido común, e non parece correcto que, a diferenza doutras Administracións as persoas funcionarias da Xunta que concorren a estes procesos non saiban se se van poder desprazar durante o período vacacional, se collen antes ou despois as vacacións para aproveitalas como período de estudo, ou simplemente como van xestionar o seu tempo en función dunha data que todos/as deberíamos coñecer xa.

luns, 13 de maio de 2019

Borrador do Decreto de funcionarización do persoal laboral fixo da Xunta

Achéganos a Administración o polémico borrador do Decreto de funcionarización nado do "acordo de concertación"; polémico entre o persoal funcionario pero tamén polémico entre boa parte do persoal laboral: sen concurso previo, coa chantaxe da carreira profesional, polos corpos/escalas onde se produce a funcionarización, pola promoción interna encuberta (en certos grupos), polo sistema de funcionarización, polo persoal que pode ou non participar, tamén persoal integrado dos chiringuitos, e sobre todo, polos efectos, cambio de vínculo xurídico incluído. 

Se a empresa pon tanto empeño nesto, será por algo.

Cada vez menos persoal quere traballar en Política Social polas precarias condicións laborais

A CIG quere denunciar a situación que están a sufrir os/as traballadores/as da Consellería de Política Social na Xunta de Galiza, situación que incide directamente no deterioro evidente dos servizo públicos de benestar.

Dende o ano 2012, a Xunta de Galiza do Partido Popular de Feijoo o único ao que se adicou, con respecto ao persoal ao seu servizo, foi a eliminación dos dereitos de traballadoras e traballadores.

Esta situación, que se resume na eliminación de cuestións básicas para o persoal como é o librar dous días seguidos á semana, librar fins de semanas alternos, compensar con descanso o traballo en festivos e domingos, conciliar a vida laboral e familiar (por sistema a Consellería de Política Social denega todas as conciliacións que se solicitan), etc.... resúmese en que cada vez menos persoal de asistencia directa (ATS/DUE, Aux. Clínica) queira traballar na consellería e se vaian a traballar ao SERGAS, con mellores condicións, tanto económicas como laborais.

venres, 10 de maio de 2019

Reunión Fondo de Acción Social: segue reducido a unha soa axuda

Desde 2011 o persoal da Xunta leva perdidos máis de 57 millóns de euros de masa salarial.  

O Fondo de Acción Social fica reducido a unha axuda e esta administración non ten intención, polo menos de momento, de devolvérnolo e iso que a economía galega, segundo os políticos que gobernan este pais, vai vento en popa e a Xunta de Galiza ten superávit este ano por primeira vez na historia.

Previsiblemente publicarase a finais de maio.

Este xoves tivemos polo mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), que fica relegado só a axuda para atención de persoas con discapacidade. Nesta reunión a CIG propuxo o seguinte:

1.- Reiterámonos nas alegación feitas por escrito que foron as seguintes:

Avance do calendario laboral galego para 2020

O persoal público da Xunta terá un día de asuntos persoais a maiores ao caer o 15 de agosto, festivo estatal, en sábado.

O 9 de maio a Xunta informou positivamente a proposta de calendario laboral para 2020 da Consellaría de Economía, Emprego e  Industria. Neste proposta a aparecen como festivo no noso país o San Xosé (19 de marzo) e o San Xoán (24 de xuño), ao substituír os festivos estatais do 1 de novembro e 6 de decembro que caen en domingo.

Entre os festivos nacionais que teñen carácter opcional, Galicia elixe sempre o 25 de xullo, por ser o Día Nacional de Galicia, ademais do día de Reis (6 de xaneiro) e o Xoves Santo, que o próximo ano cae o 9 de abril.

martes, 7 de maio de 2019

Moita sorte, compañeiras e compañeiros de promoción interna.

Dende a CIG queremos desexar moita sorte a todas e todos os que se van presentar esta semana ao primeiro exame da promoción interna. Estas son as datas:

- Subgrupo C1 > martes, 7 de maio de 2019, ás 16.30 horas, no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda.

- Subgrupo C2 > venres, 10 de maio de 2019, ás 16:30 horas,  na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

- Subgrupo A1 > sábado, 11 de maio de 2019, ás 10:00 horas, na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

- Subgrupo A2 > sábado, 11 de maio de 2019, ás 16:00 horas, na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

Son moitas e moitos os que estes días faltan ao seu traballo, moitas horas estudando para poder progresar e moi poucas prazas. Moito esforzo por culpa duns procesos inhumanos, nos que non se sabe cando van saír, cando van ser as probas, como vai ser o exame, que nos vai entrar... e xogando coas datas por parte de Función Pública sen ter en conta ao persoal que se deixa o seu tempo, a súa vida e os seus cartos en academias. 

Reunión previa da constitución da nova Xunta de Persoal

O pasado 25 de abril tivemos unha reunión previa para acordar a constitución da nova Xunta de Persoal segundo as eleccións do pasado mes. Asistimos cinco das catro organizacións sindicais con representación (faltou UXT) e acordamos:
  • A redacción dun novo regulamento de organización.
  • A celebración do primeiro pleno neste mes de maio; onde entre outras cousas tomarán posesión as novas delegadas e delegados e elexiremos os cargos de Presidenta/e e Secretaria/o.
  • Tamén demos contas de temas pendentes estes días: obras de San Caetano, problemática da externalización de informes na Consellería de Cultura.