martes, 7 de maio de 2019

Reunión previa da constitución da nova Xunta de Persoal

O pasado 25 de abril tivemos unha reunión previa para acordar a constitución da nova Xunta de Persoal segundo as eleccións do pasado mes. Asistimos cinco das catro organizacións sindicais con representación (faltou UXT) e acordamos:
  • A redacción dun novo regulamento de organización.
  • A celebración do primeiro pleno neste mes de maio; onde entre outras cousas tomarán posesión as novas delegadas e delegados e elexiremos os cargos de Presidenta/e e Secretaria/o.
  • Tamén demos contas de temas pendentes estes días: obras de San Caetano, problemática da externalización de informes na Consellería de Cultura.
Cumpre logo que nos constituamos e comezemos a darlle para adiante a grande cantidade de problemas que xa nos acucian. A CIG como sindicato maioritario será responsable co mandato de todos vos e fará funcionar o organismo na defensa dos nosos dereitos.
A partires de agora estes serán as persoas da CIG que farán chegar as túas propostas á Xunta de Persoal:

Ana Prieto (Mar)                                                        Anxo Anta (Política Lingüística)
Xosé Ramón Vázquez (Política Lingüística)             Xosé Manuel Magariños (Sanidade)
Fulgencio Fernández (Presidencia)                          Mónica Iglesias (Medio Ambiente)                      José Antonio S. Lojo (Sanidade)                                Pilar de Celis (Medio Rural)
Ana Buján (Cultura)                                                   Toño Fernández (Cultura)

Non dubidedes logo ante calquer problema ou dúbida pasade polo noso local, chamarnos por tfno (45909)  ou contactádenos en cig.sscc@gmail.com

Un saúdo.

CIG-San Caetano.

A CIG gaña as eleccións nos Servizos Centrais co 38% dos votos





Ningún comentario:

Publicar un comentario