luns, 18 de marzo de 2019

Ir aos exames das oposicións na Xunta coas preguntas e cos temarios na man

Causa polémica a funcionarización na Xunta de Galiza froito do Acordo de concertación social. Pódese ler a diario nos medios de comunicación pero sobre todo nas conversas non só entre o propio persoal funcionario, senón entre boa parte do persoal laboral. Querer ignorar esta polémica, tentando atribuila únicamente aos sindicatos non asinantes é unha opción, pero non por negala ou atribuila a outras orixes, vai desaparecer. Se molesta será por algo.

Que nalgunhas categorías hai unha promoción interna con cambio ao grupo superior, que hai batería de preguntas, que se poden levar os temarios aos exames e preguntas con 3 respostas alternativas nas que 4 mal descontantan unha ben é unha realidade. Tratar de decirlle ao persoal o contratio ou que noutras probas da Xunta tamén poden levar os temarios, que non hai promoción interna encurberta, que tamén para o persoal funcionario ou para a xente de fóra hai importantes melloras grazas ao acordo de concertación, ou que noutras partes do Estado se fai así, pode resultar insultante. Máis insutante aínda tendo en conta a realidade da Xunta e o puteo constante ao que somete a todo persoal, con carácter xeral, que non é a realidade que hai noutras partes do Estado, non só coa promoción interna, nin co acceso ao emprego público, senón co resto de dereitos como o da mobilidade e os concursos de traslados.

Repasemos as importantes melloras para o persoal funcionario recollidas no acordo: un aumento de 50 prazas a repartir entre todos os grupos respecto das 150 ofertadas na OPE do 2017, a exclusión de facer algún exame respecto acceso libre, a redución de temarios ou conservar a nota do primeiro exame. Calquera persoal funcionario que se presentara a algunha promoción interna sabe que as tres últimas "melloras" ben están recollidas na lei ou ben son tan pouco novidosas que o de recollelas nun acordo ten o mesmo sentido que tiña recoller a recuperación do 100% do salario en caso de baixa cando xa fóra aprobado na lei de acompañamento dos Orzamentos. Por non falar de que son tan pouco concretas, que non teñen efecto práctico ningún. E con estas medidas, tentan as partes asinantes "contentar" ao persoal funcionario.

Pero como decíamos, non só o persoal funcionario é o cabreado pois o persoal laboral tampouco está contento, ben sexa ao que non lle prometen unha funcionarización no grupo superior, o persoal temporal que ve perigrar a súa relación laboral, ou o que pensa que en canto concurse (se é que finalmente termina podendo concursar nunha microescala) perderá os complementos que tiña como persoal laboral.

Efectivamente, o persoal laboral que poderá optar á funcionarización superou xa un proceso selectivo (alomenos o que entrou directamente na Xunta) pero facer este paripé de fase de oposición só xenera confrontación entre o persoal público e mala prensa. Ademais de que os problemas que había como persoal laboral, entre eles a anulación na práctica do convenio colectivo, non se van solucionar cambiando de vínculo xurídico co verdugo. Nin houbo concurso permanente anual, nin promoción interna axil, sen ir grupo a grupo, e aínda por riba recortaron dereitos como o do descanso en domingos e festivos. É unha realidade que a Xunta prefire a relación funcionarial pois é máis sinxela de xestionar a nivel de recursos humanos, menos costosa e cunha vía xudicial, a contenciosa, onde case sempre, ou polo menos no importante, gaña a Administración.

É unha realidade tamén que a Xunta, coa axuda inestimable de UGT e CCOO, segue apostando ao divide e venceras, ofrecendo, aparentemente, moito para unha parte e a mesma merda de sempre para o resto. Agora a seguir negando a realidade, o enfado de boa parte do persoal con ista funcionarización, que seguro que vale para seguir cabreando aínda máis ao persoal funcionario,  boa parte do persoal laboral e ata a xente que está preparando a oposición por libre, como se non soubera ler, por non falar da cidadanía en xeral. Agora mesmo, con esto dos exames coas preguntas na man e os temarios enriba da mesa, estase recuperando aquel mantra de que as traballadoras e traballadores públicos (e aquí non fan distinción) somos todas unhas privilexiadas. Grazas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario