venres, 10 de maio de 2019

Avance do calendario laboral galego para 2020

O persoal público da Xunta terá un día de asuntos persoais a maiores ao caer o 15 de agosto, festivo estatal, en sábado.

O 9 de maio a Xunta informou positivamente a proposta de calendario laboral para 2020 da Consellaría de Economía, Emprego e  Industria. Neste proposta a aparecen como festivo no noso país o San Xosé (19 de marzo) e o San Xoán (24 de xuño), ao substituír os festivos estatais do 1 de novembro e 6 de decembro que caen en domingo.

Entre os festivos nacionais que teñen carácter opcional, Galicia elixe sempre o 25 de xullo, por ser o Día Nacional de Galicia, ademais do día de Reis (6 de xaneiro) e o Xoves Santo, que o próximo ano cae o 9 de abril.

A normativa estatal, fixada polo Real decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello. Dos outros 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbles a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo (10 de abril en 2020), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro.

Informado o Consello da Xunta, a proposta de calendario laboral para 2020 terá que ser aprobada polo Consello Galego de Relacións Laborais. Posteriormente, cada concello terá que determinar dous días festivos máis  para a súa localidade.  

Na Xunta de Galiza

Consonte á organización interna  (DOG 04/03/2016) os días 24 e 31 de decembro permanencerán pechadas as oficinas públicas da Xunta de Galiza salvo as de Rexistro e Información. Non obstante, o persoal que traballe os días 24 e 31 de decembro poderá gozar dun día adicional de asuntos particulares por cada día traballado. 

Ademais, en virtude da mesma norma,  ao cadrar o 15 de agosto en sábado, engádese un día adicional de permiso por asuntos particulares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario