Sindicato Nacionalista de Clase
mércores, 2 de marzo de 2022
Resumo das xuntanzas dos días 28/2 e 1 e 2 de marzo con Función Pública
O luns, martes e mércores de entroido tivemos xuntanzas con Función Pública por dúas RPTs e falamos de asuntos como as tomas de posesión de corpos xerais (concurso e procesos selectivos), a aplicación da lei da temporalidade, situación das RPTs (o que incide no concurso especial), a carreira profesional e funcionarización.
Retribucións Persoal Xunta 2022
martes, 1 de marzo de 2022
Entroido 2022: modificación da xornada dos días 1 e 2 de marzo
A Dirección Xeral de Función Pública fixo público un aviso sobre a modificación da xornada de traballo dos días 1 e 2 de marzo de 2022 pola celebración das festas do Entroido. A modificación ten os seguintes termos:
Horario oficial: a hora de saída do martes 1 será ás 14:00 horas e a de entrada o mércores 2 será ás 9:00 horas.
Horario de flexibilidade automática: a hora de saída o martes 1 será ás 14:00 horas, quedando reducida en 30 minutos a parte fixa e en 45 minutos a parte flexible do horario. A hora de entrada o mércores 2 será ás 9:00 horas, quedando reducida nunha hora e quince minutos a parte flexible do horario.
Horario de flexibilidade por conciliación: a hora de saída o martes 1 e o de entrada o mércores 2 queda reducida nunha hora e quince minutos dentro da franxa horaria autorizada.
martes, 22 de febreiro de 2022
Carreira profesional: interésanche as disputas sindicais?.....a nós tampouco
Sabemos que moitas persoas están fartas de ver “guerras” entre as organizacións sindicais, neste caso sobre o asunto da carreira profesional. Pero tamén queremos que comprendas que si se difunden bulos ou mentiras, dende a CIG non podemos calar porque iso sería outorgar ante a desinformación e transmisión de bulos.
A algunhas persoas ás veces isto as leva a pensar iso de “todos os sindicatos son iguais”. Pois non, non somos iguais. E agora CSIF que estivo agochado co asunto da carreira profesional asoma a cabeza para dicir que CCOO e UGT mal pero que a CIG tamén. Así que vamos a aclarar unhas cantas cuestións nas que faltan á verdade.
venres, 18 de febreiro de 2022
Resolución do concurso de traslados da Administración xeral: e a toma de posesión para cando?
É unha auténtica desvergonza o deste concurso que foi convocado en novembro de 2019 e a comezos de 2022 foi resolto pero non hai nin un apuntamento oficial de cando vai ser a toma de posesión.
mércores, 16 de febreiro de 2022
Concurso xeral: últimas novas sobre prazas asignadas a persoas xubiladas, persoas con cero puntos e postos retirados
En relación ás prazas do concurso que estaban adxudicadas a persoas que se xubilaron, e despois de que llo fixéramos constar a Función Pública esixindo unha reasignación dos postos, finalmente a Xunta o que decidiu ao respecto é o seguinte:
- Coas prazas que foron adxudicadas no concurso a compañeiros/as xubilados/as antes da resolución, se fai unha reasignación. Isto xa se pode observar a través da páxina de Función Pública.
- Coas prazas de orixe destes/as compañeiros/as e que formaban parte do concurso ao ser prazas de resultas, deciden DEIXALAS DESERTAS e retiralas do concurso.
Isto non ten moita lóxica. Esas prazas formaban parte do concurso ao ser prazas de resultas, son prazas que agora están vacantes por xubilación, que foron solicitadas no concurso e que o xeito ordinario de cubrilas e mediante concurso, precisamente o que está en marcha.
Manifestámoslle a Función Pública o noso desacordo con isto e esperamos que corrixan esta decisión.
E sobre as persoas que non validaron a solicitude e que constan como concursantes pero con cero puntos, Función Pública finalmente decide que ao ter todos os postos un requisito de puntuación mínima non pode adxudicalos a ninguén que teña cero puntos, incluso no caso de postos aos que só concursou unha desas persoas ou que habendo máis dun concursante quedaron desertos.
A excepción serían aquelas persoas que tiñan a obriga de concursar, ás que se lles adxudicará unha praza de oficio. Tanto nun caso como noutro a Administración se ampara en que non se poden saltar as bases do concurso.
Outro asunto de grande importancia é que dos postos ofertados en resultas hai algúns que retiran do concurso porque pretenden amortizalos. As bases do concurso din que "A adxudicación dun posto de resultas estará condicionada a que o dito posto sexa de necesaria cobertura". Este epígrafe foi un dos aspectos aos que a CIG se opuxo durante a negociación, pero mantiverono igualmente. Para a CIG, se un posto está na RPT, é un posto necesario, e por tanto teñen que ofrecelo. A cacicada vai acompañada da desilusión que veñen que provocar nalgunha xente que fai uns días aparecía cun posto adxudicado, e uns días despois xa non
martes, 8 de febreiro de 2022
A xustiza obriga á Xunta a motivar as prórrogas das comisións de servizo
Pao xudicial á Xunta polas prórrogas non motivadas das comisións de servizo. A CIG denunciou no 2019 a prórroga non motivada de 347 comisións de servizos por falta de xustificación da sua prórroga, algunha dende o ano 2010.
A mala xestión das persoas responsábeis da Dirección Xeral de Función Pública cos concursos de traslados fixo que a comisión de servizo fose para moitas compañeiras e compañeiros a única opción de mobilidade ou, incluso, de ter algo de carreira administrativa. Para máis, a súa concesión opaca e sen criterios obxectivos de selección asenta na administración xeral un sistema caciquil e vergoñento de provisión de postos. A Xunta non dá datos de quen solicita a comisión, non motiva a decisión da persoa seleccionada, nin o tempo, ou os motivos da prórroga.


