Na Comisión de Persoal do 29 de setembro a Xunta aproba a orde que desenvolve a flexibilidade por conciliación da Lei de Impulso demográfico sen esforzarse a chegar a acordos coa representación do persoal e sen dar resposta as alegacións presentadas
A Administración aprobou a Orde coa que pretende regular a flexibilidade horaria por conciliación prevista nas diferentes normas estatais e que a Xunta ampliou a 18 anos de idade coa Lei de Impulso Demográfico de Galicia. Un documento engorroso que levaba paralizado moito tempo e que finalmente contou co voto en contra da CIG e coa abstención do resto dos sindicatos.
Esta orde de flexibilidade limita o dereito á conciliación da maioría do persoal empregado público
Deixa fóra do dereito de conciliar directamente ao persoal non docente da Consellería de Educación. Xustifícao a Administración por “ser persoal de atención directa”. Isto pode darnos unha idea sobre como van a proceder co resto do persoal que prestamos servizos en centros con atención a persoas usuarias ou persoal a quendas.
Limita as posibilidades de flexibilizar xa que a dirección do centro pode establecer un marco horario limitado (que pode ser menor que o do servizo).
