Xa está dispoñible para descarga electrónica o noso folleto de retribucións para o ano 2021 do persoal funcionario e laboral ao servizo da Administración autonómica de Galiza.
A CIG reparte o folleto de retribucións en papel impreso todos os anos. No ano 2020 tivemos que interromper o reparto por mor do confinamento. Este ano 2021 non o imprimimos tamén pola pandemia. Pero poñémolo a túa disposición en arquivo informático por se queres consultalo e conservalo. Agardamos que para o 2022 a cousa estea normalizada.
Por certo, u-la solicitude da carreira profesional grao II? U-las pagas extras completas recortadas desde 2010?
Sindicato Nacionalista de Clase
venres, 26 de febreiro de 2021
Retribucións do persoal funcionario e laboral da Administración Autonómica para o ano 2021
luns, 1 de febreiro de 2021
CONSELLERÍA DE SANIDADE: O COITELO NA CASA DO FERREIRO
Todas as consellerías son sensibles a este tema, todas?, TODAS NON, unha irreductible (casi me sae o da aldea gala ....) consellería resístese a esto, trátase para mais inri a propia CONSELLERÍA DE SANIDADE; que parece que a cousa do control da pandemia vai cos cidadáns pero no con ela; dá consellos para os demáis dos que carece para os seus departamentos de persoal.
A día de hoxe non nos consta que haxa permisos de teletraballo COVID nesa consellería, a CIG a través da Xunta de Persoal xa ten enviado escritos de queixa ao conselleiro e ao secretario xeral técnico; pero ata o de agora non temos resposta.
Como haxa algún contaxio en Sanidade en vez de falar con nos van ter que falar co fiscal.... xa non decimos máis.
Reaccionen señores García Comesaña e Fuentes Losada, e fagan algo de xestión de persoal que non só lles pagamos para sair na TVG. Non sexan o Asterix e Obelix desta historia.
venres, 29 de xaneiro de 2021
DENUNCIA SITUACIÓN DOS CONCURSOS DE TRASLADOS
Podemos dicir, e non nos equivocarnos, de que os concursos de traslados na Xunta de Galicia son eternos, de feito en algunhas escalas só se fixo un ou dous dende que existe a Xunta de Galicia, xa non digamos do concurso específico que inda nunca se convocou, e vai por o camiño de quedar nun proxecto máis das ideas da Función Pública Galega, como o da carreira administrativa horizontal para o grupo C1.
![]() |
| Regalo para o cumpleanos de Barreiro |
- PXA110000215770077 denominado Xefatura de Sección no centro de destino Axencia Para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
- PXA20000215770013, denominada Xefatura de Sección de Xestion Económica no centro de destino Axencia de Turismo de Galicia (ATURGA)
- PXA110000215770087, denominada Xefatura sección de Coordinación Económica e Protección de Datos no centro de destino Axencia Para a Modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
OS ACORDOS SON PARA QUE SE CUMPRAN: OS DA CARREIRA PROFESIONAL TAMÉN
Os acordos que asina a Xunta de Galiza, sexa con quen sexa, están para cumprirse, neste caso falamos do “Acordo de concertacións do emprego público de Galicia”, asinado entre a Xunta de Galiza e varias organizacións sindicais. Neste artigo queremos falar en concreto do tema da carreira profesional no seu punto Quinto:
![]() |
| Despois de 40 anos.....meta |
“Sistema excepcional e transitorios dos grados I e II” onde di textualmente o citado acordo “No segundo semestre do ano 2020, a Dirección Xeral da Función Pública publicará a convocatoria para que aqueles que teñan recoñecido o grado I e conten cunha antigüidade de 11 anos, a través deste réxime transitorio e excepcional, poidan solicitar o encadramento no grao II. O dito grao será recoñecido con efectividade do 1 de xaneiro de 2021 ou 1 de xaneiro do 2022, segundo este nos grupos B, C1, C2 e a agrupación profesional ou nos grupos A1 e A2 respectivamente, a aqueles que cumpran os requisitos que se establezan, e o seu pagamento fraccionarase en catro ou tres anualidades respectivamente tal e como se indica a seguir...” Grupos B, C1, C2 e agrupación profesional, en 2021 o 33,3%.
Isto é o que di literalmente o acordo e a data de hoxe, 25 de xaneiro de 2021, está no apartado do programa “portax”, que é dende onde se debe solicitar, pechado.
Non se está a cumprir porque no segundo semestre nunca estivo aberto, polo que dende a CIG esiximos que se cumpra xa o citado acordo, que se abra inmediatamente o prazo, que sería o primeiro requisito para solicitalo, e logo que aos traballadores que cumpran o resto de requisitos se lle abone a cantidade correspondente dende o 1 de xaneiro.
Aínda que este pago xa vai efecturarse con efectos retroactivos, de si conleva unha perda económica para o persoal, xa que a Xunta non paga con xuros, que debería facelo pola súa mala xestión dos tempos.
E igualmente está a acontecer co persoal dos grupos A1 e A2, que tiñan que ter ingresado na nómina de xaneiro 2021 o ultimo troceado do grao I, e non se veu por nengún lado.
TELETRABALLO COVID: UN REINO DE TAIFAS
A cousa COVID non pinta nada ben...e a Xunta toma medidas cara a galería sobre todo.
![]() |
| Menos cartaz e máis teletraballo |
- Unhas consellerías adoptaron plenamente a instrucción de Cultura (burbullas ao 50%).
![]() |
| Cada un fai o que lle peta |
- Outras entenderon a magnitude do problema e foron máis alá, dando un teletraballo xeral e mantendo uns servizos mínimos imprescindibles (presencialidade dun 10%).
- E outras como Sanidade (si, si, Sanidade) non fixeron NADA, e ata este momento manteñen ao 100% do persoal adminsitrativo atado ao banco de traballo. Vamos unha verdadeira cafrada nestes momentos.
A CIG levou á Xunta de Persoal a queixa, e de ahí sairon escritos de denuncia cara o noso presidente, o conselleiro de Facenda e todas as secretarías xerais. Espero que reacciónen os que teñen que xestionar...
Tamén compre decir que os grupos burbulla ao 50% poderían estar ben ahi unhas semanas pero agora movémonos nun contexto diferente onde hai que evitar ao máximo posible a presencialidade. O 50% xa é unha medida ordinaria aprobada para o teletraballo ordinario (que comeza a aplicarse nuns días) pero agora falamos de teletraballo COVID, situación extraordinaria esixe medidas extraordinarias, e iso sería manter un 10% de presencialiade.
Estamos a falar de medidas condicionadas no tempo e que poden e deben ser revisadas cada 15 días, así xa o presidente falou do horizonte do 17 de Febreiro.
Dirixímonos logo a todas as persosas que ocupan as secretarias xerais técnicas para que tomen conciencia deste problema e implementen urxentemente un teletraballo COVID que sexa similar en todos os departamentos e que manteña a mínima presencialidade posible
mércores, 23 de decembro de 2020
Premios toxos e flores 2020
Inauguramos na CIG SSCC unha nova convocatoria pública denominada "Toxos e Flores" nas que de cando en vez imos por en cadalso público ou en valor as actuaciósn de determinados departamentos desta nosa Xunta de Galicia nos Servizos Centrais. E non nos enrollamos máis e este ano os premios van para...(ruido de bombos).
1.- Flor de ouro
Para a actuación en materia de persoal da consellería de Política Social, pois foi a primeira que puxo en marcha a concesión masiva de modalidades de teletraballo, e por riba nos ía informando puntualmente á Xunta de Persoal desas concesións. Parabéns e que sirva de exemplo para o resto.Pleno da Xunta de Persoal de SSCC (Videoconferencia)
O caso é que fomos quen de incorporarnos ás novas teconoloxías para tratar entre outros temas como:
- A actuación da comisión permanente da XXPP nestes meses de pandemia: ligada sobre todo a solicitar medidas sanitarias anti-covid na volta ao traballo, incorporación do teletrabalo a todos os postos (mención expresa do bo facer da Consellería de Política Social da que deberían copiar moitas outras), implementación de mámparas e máscaras; e solicitude de información e seguimento dos contaxios en SSCC...








