Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 23 de decembro de 2020

Pleno da Xunta de Persoal de SSCC (Videoconferencia)

O pasado venres 18 hubo pleno da Xunta de Persoal; de feito foi o primeiro pleno celebrado por videoconferencia na nosa historia.

O caso é que fomos quen de incorporarnos ás novas teconoloxías para tratar entre outros temas como:

- A actuación da comisión permanente da XXPP nestes meses de pandemia: ligada sobre todo a solicitar medidas sanitarias anti-covid na volta ao traballo, incorporación do teletrabalo a todos os postos (mención expresa do bo facer da Consellería de Política Social da que deberían copiar moitas outras), implementación de mámparas e máscaras; e solicitude de información e seguimento dos contaxios en SSCC...

- Problemáticas diversas relacionadas co retraso do Concurso Xeral e o resto de concursos de persoal funcionario.(Se esto sigue así de atrasado á volta das vacacións imos montar follón con todas as medias covid recomdadas e agardamos o voso apoio).

- Comisións de servizo  discrecionais na Xunta de Galicia; chegounos unha denuncia da Consellaría de Facenda. Unhas persoas comisionan outras non, depende do gusto do comisionador. En Servizos Centrais temos un serio problema con este tema, dende a Xunta de Persoal de SSCC sempre solicitamos que se regule de un xeito parecido o persoal laboral (por criterios obxectivos), e o que fixeron e sustraernos as mellores prazas do concurso para repartilas en comisión de servizos os amigos. Seguramente teremos que facer como no punto anterior, moito follón.

- Tiñamos tamén un punto da orde do día sobre o tema das máscaras pero xusto esa semana foron chegando (non era sen tempo, que case pasa xa a pandemia...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario