Podemos dicir, e non nos equivocarnos, de que os concursos de traslados na Xunta de Galicia son eternos, de feito en algunhas escalas só se fixo un ou dous dende que existe a Xunta de Galicia, xa non digamos do concurso específico que inda nunca se convocou, e vai por o camiño de quedar nun proxecto máis das ideas da Función Pública Galega, como o da carreira administrativa horizontal para o grupo C1.
En concreto se falamos do concurso da administración xeral que este si se convoca, pero con nivel de incumprimento de prazos case era mellor que non o fixera.. Cando era manual en menos de dous anos estaba feito e dende vai uns dez anos cando esta informatizado, só se convocou e resolveu un, o outro esta convocado e pouco mais.
Xa se convocou mal, case catro anos despois de resolverse o anterior, polo que participaron tamén os funcionarios dos corpos xerais que tiñan participado no anterior.
Regalo para o cumpleanos de Barreiro |
Deste concurso xeral vense negociando a súa regulación dende fai máis de seis anos, aprobáronse as bases do concurso fai case dous anos, e facilitaron o buzón de postos fai ano e medios, saíron as prazas para escoller no DOG fai case un ano, e a estas datas, nadie sabe cando vai ser a sua resolución.
¡¡¡Un ano despois de facer as solicitudes!!! Menos mal que o concurso esta totalmente informatizado e os datos xa llos facilitan os participantes...en fin, lonxe queda cando o Director Xeral prometeu o concurso aberto permanente, chegounos a dicir aos representantes sindicais, que xa estaba licitado e que AMTEGA se estaba encargando da parte técnica.
Para solucionar a demora dos concursos creouse un novo servizo coa única finalidade de xestionar a axilidade e funcionalidade dos mesmos; pero isto no foi así. Cal é exactamente as funcións desenvoltas por esta praza?, quen asume as responsabilidades?.
Recordemos que esta praza xa foi cuberta con moita polémica e agora máis pois non serve para os intereses que motivaron a súa creación.
Todo este tema da demora ten aínda maior gravidade no referente ás escalas da administración especial con concursos diferidos en máis de 8 anos entre eles o que lesiona gravemente os dereitos de mobilidade e carreira profesional de moitos compañeiros/as.
Así mesmo levamos anos esperando, pola concreción do concurso específico e poder liberar dunha vez as prazas nivel 25 que reteñen centos e centos de persoal en postos de xefatura de servizo.
Mención aparte é o acto manifestamente irregular de retirar prazas do buzón de postos coa escusa da súa amortización ou modificación, e que ao final resultan prazas para os amigos, pois inmediatamente son convocadas en comisión de servizos., exemplos temos varios:
- PXA110000215770077 denominado Xefatura de Sección no centro de destino Axencia Para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
- PXA20000215770013, denominada Xefatura de Sección de Xestion Económica no centro de destino Axencia de Turismo de Galicia (ATURGA)
- PXA110000215770087, denominada Xefatura sección de Coordinación Económica e Protección de Datos no centro de destino Axencia Para a Modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Dende a CIG - servizos centrais imos acometer todas as accións que teñamos na nosa man, tanto legais como sindicais para cambiar esta situación a todas luces vergoñenta; e así :
Esiximos que todos os concursos de persoal funcionario se convoquen e se resolvan en menos de un ano, como xa asegurou o responsable de Función Publica en reiteradas manifestacións.
Esiximos que non se detraigan as mellores prazas, con disculpas peregrinas, porque así, non se pode ter unha verdadeira carreira administrativa.
Como última nova parece ser que este luns día 1 sairá por fin a listaxe de admitidos; pero xa imos tarde...moi tarde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario