Inauguramos na CIG SSCC unha nova convocatoria pública denominada "Toxos e Flores" nas que de cando en vez imos por en cadalso público ou en valor as actuaciósn de determinados departamentos desta nosa Xunta de Galicia nos Servizos Centrais. E non nos enrollamos máis e este ano os premios van para...(ruido de bombos).
1.- Flor de ouro
Para a actuación en materia de persoal da consellería de Política Social, pois foi a primeira que puxo en marcha a concesión masiva de modalidades de teletraballo, e por riba nos ía informando puntualmente á Xunta de Persoal desas concesións. Parabéns e que sirva de exemplo para o resto.Vai ser desta vez para a consellería de Cultura, Educacióne Universidade pola súa información pormenorizada e continua dos casos Covid confirmados nos seus departamentos.
3.- Flor de bronce:
A cousa xa se pon díficil para ser positivos pero ímoslla conceder ao Valeriano (conselleiro de Facenda) polo seu apoio na regulación do teletraballo; a CIG apoiouno, agora toca implementalo xa.
Imos co cadalso que neste funesto ano 2020 vai para.....
A.Toxo de ouro:-
Por suposto e non podía ser menos, que ao señor Barreiro; é case vergoñento que despois de máis de dous anos non foran quen a dirección xeral da Función Pública de pechar un concurso da administración xeral, somos unha verdadeira administración que vive permanentemente en comisión de servizo, e por riba non se albisca un futuro no que se aseguren concurso anuais tamén para a a administración especial. Xa non decimos nada da xestión dos permisos COVID que saían cada venres ás 14:45.
B. Toxo de prata:-
Desta vez vai para o servizo de prevención de riscos laborais hermanada coa empresa Cualtis polas marabillosas avaliacións de riscos en tempos COVID un exemplo de copia e pega de un lado para outro, collendo a mellor versión das teses doutorais de algún político estatal.
C. Toxo de bronce:-
Para a Dirección xeral do Tesouro da Consellería de Facenda que ten un pequeno chiringuito de comisións de servizo montadas, favorecendo casi a calquer amigo/a menos aos traballadores da propia unidade. Esto si que é promoción profesional....
Ningún comentario:
Publicar un comentario