Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 22 de abril de 2025

Concursos traslados, carreira profesional, sentenzas destinos, concurso específico, teletraballo

 

O pasado venres 11 de marzo, tivo lugar unha xuntanza da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, na que se trataron os seguintes asuntos: 1) concurso de traslados de profesores e mestres de escolas náutico-pesqueiras, e de axentes de extensión pesqueira, 2) concurso de traslados de arqueólogos/as, delineantes, arquivos, bibliotecas e museos.

Na rolda aberta de intervencións, a directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) deu información das previsións dos próximos concursos de traslados, carreira profesional, concursos específicos e teletraballo.

1) CONCURSOS DE TRASLADOS DE: ESCALAS DE PROFESORES E MESTRES DE INSTITUTOS POLITÉCNICOS MARÍTIMO-PESQUEIROS, AXENTES DE EXTENSIÓN PESQUEIRA

2) CONCURSOS DE TRASLADOS DE: ARQUEÓLOGOS, RESTAURACIÓN, DELINEANTES, ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS

No concurso 1): listado inicial de postos a ofertar eran 75. A consellería retirou algún, quedando 72. Nas bases corrixen o erro de deixar sen máximo o baremo de permanencia e conciliación.

A dirección da EGAP aposta agora pola externalización

 

As persoas á fronte da EGAP escúndanse na falta de medios para a privatización da elaboración dos temarios de promoción interna e libre do persoal da Xunta de Galiza, un antigo compromiso que a EGAP incumpre ano tras ano.

Na CIG levamos moitos anos lembrándolle á EGAP o compromiso de elaboración dos temarios, tanto no referido á promoción interna como á libre. Até o de agora as respostas sempre foron evasivas, e remitíasenos á responsabilidade de Emprego Público neste asunto e que a Escola estaba aberta a propostas.

Mentres, no ano 2024 asistiamos á privatización dos temarios da escala de orientación laboral (grupo A2), licitados e asignados vía contrato menor de servizos e tramitación ordinaria á empresa Noroeste de Valor Asociados, S.L. cun orzamento base de 17.847,50 €, e sobre os que se advirte de que se trata duns temarios de apoio, non oficiais e que contan cun aviso de exención de responsabilidade por parte da empresa.

venres, 11 de abril de 2025

A DESFEITA NAS DAS RPT´S NA XUNTA DE RUEDA

 

Na  Administración Autonómica do señor Rueda cando hai que enchufar enchufase e cano hai que amoldar unha praza amoldase.

As relación de postos de traballo deben ser os documentos técnicos que desenvolvan as prazas e as súas características dentro de unha consellería. Teñen que estar baseadas en datos obxectivos, en funcións a desenvolver e formación axeitada para cada posto. ¿Pero sempre foi así? Pois non, herdadas da truculenta época Fraga moitas RPT´s se facían “ad hoc” para colocar amiguiños/as ou xente recomendada afín á ideoloxía e ao partido dominante.

mércores, 9 de abril de 2025

TELETRABALLO: O QUE DIN OS DE "ARRIBA" E O QUE FAN OS DE "ARRIBA"

De un tempo a esta parte estamos a recibir en Servicios Centrais informacións contraditorias acerca do teletraballo:

Por unha banda, viñeron ou chamaron ao local da CIG en San Caetano traballadores/as para comunicarnos que querían restrinxirlles o teletraballo dende unha determinada data. Non se podería teletraballar nin os luns nin os venres. Ante esta noticia fomos falar cun/cunha “xefe/a” confirmáronnos que había ordes de “arriba” para restrinxir o teletraballo por “razóns de servizo”.

Por outra, ante as preguntas á directora xeral de emprego público na comisión de persoal do día 27 de marzo, sobre se había algunha instrución para a restrición do teletraballo os luns e os venres, esta negou a maior dicindo que non existía ningún tipo de restrición.

Sen embargo, despois da comisión de persoal, resulta que diferentes persoas de diferentes servizos insitiron en que se sigue a falar da modificación dos días nos que se permitiría teletraballar. Hoxe mesmo dixéronme varias persoas dunha Subdirección encadrada na Dirección Xeral de Emprego Público, que lles comunicaron dun xeito verbal que a partir de maio non se poderá teletraballar nin os luns nin os venres. 

Ante estas informacións, creo que é necesario lembrar varios aspectos:

1º Unha resolución de teletraballo só pode modificarse por outra resolución. Hai que seguir o procedemento establecido na orde. Non valen ordes verbais nin correos electrónicos.

martes, 8 de abril de 2025

 

A CIG comenzou coa campaña da renda 2024, so e para afiliados/as, si queres que che axude pica no enlace que vai de seguido donde pon "ACCESO". O/A afiliado/a pagou todos os trimestres de 2024 a cuota normal pagou 161,40 € que o pode deducir na declaración da renda 2024, o que pagou menos por o motivo que for, chegará un certificado dos pagos a partir do día 10/04/25. Para outras informacións pode chamar o telefono comarcal de Compostela 981 58 32 00 .

Campaña Renda

Campaña Renda CIG

venres, 4 de abril de 2025

Recuperar dereitos e salarios

 

A CIG-Administración Pública realizou mobilizacións nas diferentes comarcas contra a precariedade salarial e para avanzar nos dereitos laborais. Con este obxectivo reclamámoslle ao Goberno español que convoque a Mesa Xeral das Administracións Públicas para abordar unha serie de medidas que permitan reverter o empobrecemento no contexto de negociación dos Orzamentos Xerais do Estado. Porén o Goberno do estado pretende fuxir de novo da mesa legal de representación para buscar outro pacto salarial de perdas cos sindicatos estatais cos que se reuniu o pasado 24 de marzo.

Lembramos que os últimos acordos asinados por CSIF, CCOO e UXT deixáronos unha perda de máis do 20% de poder adquisitivo e non foron capaces de derrogar a lexislación que nos impuxo os recortes na administración. O Goberno do estado, coa complicidade dos sindicatos estatais, pretende agora novamente, alcanzar un acordo fóra do ámbito legal de negociación, sen atender as reivindicacións maioritarias dos empregados/as públicos da Galiza e dando por bo que continuemos a perder poder adquisitivo.


Esta situación non é asumíbel, polo que demandamos que se estabeleza por lei unha cláusula de garantía salarial ligada ao IPC real, que opere todos os anos, para que así o que suba o IPC o suban tamén os nosos salarios. A CIG somos o sindicato maioritario no sector público en Galiza e defendemos tamén chegar a acordos salariais plurianuais que permitan gañar poder adquisitivo recuperando cando menos unha parte do que nos roubaron. Por iso para 2025 propomos un 5% en liña co que subiron os salarios no ámbito privado.

A CIG denuncia a opacidade da EGAP na selección, retribucións e compatibilidades do persoal formador

 

Entre os cometidos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) atópase a formación do persoal propio da Administración. Boa parte desta formación impártea persoal empregado público, que é  seleccionado polos órganos de dirección das diferentes consellerías en colaboración coa EGAP.

A Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas; o Real Decreto 598/1985, do 30 de abril, sobre incompatibildiades do persoal ao servizo da Administración do Estado, da Seguridade Social e os Entes, Organismos e Empresas dependentes; e o propio Estatuto Básico do Persoal  Empregado Público, regulan as actividades das persoas que traballan nas adminisracións públicas en canto a posibles incompatibilidades se refire.

Na CIG preparámonos para iniciar posíbeis accións xudiciais contra a EGAP

A CIG leva solicitando dende hai meses unha serie de documentación en canto a retribucións, criterios de escolla do persoal docente, e outras cuestións da formación; información toda ela á que como representación legal do persoal temos dereito para exercer un control e vixilancia. A día de hoxe non tivemos ningunha resposta por parte da EGAP, polo que vimos de remitir outra solicitude, como paso previo ás accións xudiciais, na que instamos tanto á EGAP como á Dirección Xeral de Emprego Público, a que: