Na Administración Autonómica do señor Rueda cando hai que enchufar enchufase e cano hai que amoldar unha praza amoldase.
As relación de postos de traballo deben ser os documentos técnicos que desenvolvan as prazas e as súas características dentro de unha consellería. Teñen que estar baseadas en datos obxectivos, en funcións a desenvolver e formación axeitada para cada posto. ¿Pero sempre foi así? Pois non, herdadas da truculenta época Fraga moitas RPT´s se facían “ad hoc” para colocar amiguiños/as ou xente recomendada afín á ideoloxía e ao partido dominante.
Traemos hoxe o exemplo na consellería da Presidencia da praza con código PX.501.00.000.15770.025 correspondende a unha xefatura de sección de biblioteca na Asesoría Xurídica Xeral, que calquer persoa entendería que habendo na Xunta unha escala de persoal técnico de bibliotecas debería estar ocupada por algún membro desta. Esto non é así por que esta praza no seu día foi creada para colocar unha funcionaria amiga do sistema dos Corpos Xerais (secretaria persoal do presidente Fraga), e por iso segue a ser unha praza mal encadrada que debería esta ocupada por persoal con coñecementos de biblioteconomía e non por calquer funcionario sen coñecementos na materia.
E o peor non é que as cousas veñan mal do pasado, o peor é que esta Xunta de Galicia segue a facelas mal, pois a propia Consellería non aproveita a recente reforma da sua RPT reorganizar as chanchulladas pasadas, e segue a manter a desfeita. A solución debería ser encadrar esta praza na escala correspondente segundo as súas funcións, ou ben desenvolve traballos de contido bibliotecario, polo que debería ir a Administración Especial ou ben se ocupa de traballos administrativos, como estamos seguros que é o caso, xa que na Asesoría Xurídica Xeral, que e donde esta ascrita esta praza nunca hubo unha bliblioteca como tal, e sempre fixo labores da Administración Xeral da Xunta de Galicia, por o que deberían de amortizar esta praza e o departamento xustificar que e necesaria para facer funcións da administración Xeral, e creala de novo con outra denominación.
O espíritu fraguista/enchufista segue instaurado en San Caetano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario