Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 19 de decembro de 2025

Consellaría de Cultura e partidaria de privatizar en TRAGSATEC ainda que a Xustiza non llo permita


Neste artigo vai o resumo da sentenza gañada pola CIG do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nº 14/2022, do 14/01/2022 en contra da privatización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural na empresa TRAGSATEC, o fallo non xera dúbidas e deixa moi claro que para a elaboración de informes técnicos previos ás autorizacións en materia de patrimonio cultural, e a Consellería de Cultura ten a obriga de facelo con persoal funcionario propio.

Fuxir do que di esta sentenza ou bordeala pode, dende o noso punto de vista, supoñer unha prevaricación administrativa. A  Asesoría Xurídica da CIG xa está estudar accións penais contra o persoal funcionario que incumpra a sentenza, así como contra os/as seus/súas xefes/as políticos/as do PP, que no seu ADN están as privatizacións para presuntamente coller mordidas ou pago de favores a empresas privadas.

Non quero adiantar máis porque a Sentenza 14/2022 que vai de seguido di claro, conciso e negro sobre branco o que pasa con estas privatizacións en TRAGSATEC, e non conformes con iso, a Consellaría de Cultura está pensando facer novas encomendas nesta empresa, bordeando a lei, e a CIG ten claro que imos aplican o punto anterior a todo o persoal funcionario e políticos/as que estén implicados/as nisto. Vai de seguido un resumo da sentenza:

1. Resumo da sentenza (TSX de Galicia, Sentenza 14/2022, 14-01-2022)

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estima o recurso interposto pola CIG e declara nula a encomenda de xestión realizada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural a TRAGSATEC para a elaboración de informes técnicos previos ás autorizacións en materia de patrimonio cultural.
A Sala considera que a encomenda vulnera a Lei 40/2015, a Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, a normativa de emprego público e a xurisprudencia do Tribunal Supremo, ao entender que:

  • A Administración si dispoñía de medios propios suficientes (persoal funcionario e interino).
    • TRAGSATEC non acreditou dispoñer de medios propios idóneos, recorrendo maioritariamente a contratacións
ad hoc.
    • A actividade encomendada non é meramente material ou técnica, senón que forma parte esencial da instrución do procedemento administrativo e condiciona o exercicio de potestades administrativas.
    • Produciuse unha externalización indebida de funcións reservadas ao persoal funcionario, o que supón unha “fuxida do Dereito Administrativo”.

2. Argumentos da sentenza para non poder externalizar os servizos
Estes son os argumentos clave que aparecen expresamente na sentenza e que fundamentan a imposibilidade de externalizar os servizos:

mércores, 3 de decembro de 2025

O mércores 3 de decembro abre o prazo para solicitar a carreira extraordinaria de 2025

 

👥 QUEN A PODE SOLICITAR?

  • Persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas do persoal funcionario sanitario da Lei 17/89 e doutras Administracións que preste servizos nesta, e dos entes da LOFAXGA 45 a)

  • O persoal laboral que asine o compromiso de participar e superar o proceso de funcionarización

  • Sempre que NON obtivese ningún grao na convocatoria extraordinaria de 2024

  • Estar en servizo activo o 31 de decembro de 2024

  • Cumprir os requisitos de antigüidade e formación (ou, no seu caso, docencia, xefaturas etc.)

Da nosa administración, A QUEN EXCLÚEN?

luns, 24 de novembro de 2025

OEP 2025: e repíteno outra vez, unha oferta de emprego ridícula e sen apenas promoción interna

 

martes, 18 de novembro de 2025

Carreira extraordinaria para o acceso aos graos I, II e III: nin unha mellora con respecto ás convocatorias anteriores

 

A Administración volve a insistir cun modelo de carreira que non cumpre as mínimas expectativas nin da CIG nin das persoas empregadas públicas. De todos os problemas, eivas, discriminacións e desigualdade que leva consigo este modelo, e que levamos anos denunciando, non corrixen nin un.

Tráennos, ademais, un texto que foi negociado fóra das mesas e sen a presenza da CIG polas outras organizacións sindicais e isto é o produto desa submisión:

1. Seguen a teimar en que exista prazo para as solicitudes no canto da nosa proposta de que o recoñecemento dos graos debe producirse no momento en que a persoa empregada pública reúna os requisitos. Non admiten que sexa un sistema aberto análogo ao dos trienios ou ao dos sexenios do profesorado. O sistema de prazos implica que aínda que unha persoa cumpra os requisitos non vai poder acceder á carreira ata que a Xunta abra o prazo, e isto pode prolongar a perda do dereito en ata 3 anos. O prazo para solicitala vaise prolongar ata mediados de decembro de 2025 e terá efectos retroactivos dende o 01/01/2025.

luns, 10 de novembro de 2025

BAREMACIÓN PROVISIONAL CONCURSO CORPOS XERAIS: DE VERDADE SERÁ EN NOVEMBRO?

Na mesa sectorial do día 13/10/2025, a dirección xeral de Emprego Público afirmou que a baremación provisional do concurso de corpos xerais sairía durante o mes de novembro, e repetiu a mesma afirmación na mesa xeral do 7/11/2025. Ante o recente anuncio de que as listas definitivas de admitidos e excluídos do concurso de corpos xerais estarían para o día 14 de novembro, pregunteime, iluso de min, se aproveitarían para sacar tamén a baremación provisional xunto a citada lista, pois parecía bastante lóxico.

Chamei esperanzado e xovial a Emprego Público e, como tantas outras veces, como si fora o protagonista dunha película cómica, recibín unha xarra de auga xeada na cabeza a modo de resposta: "O día 14 só sairá o listaxe de admitidos/as e excluídos/as. Sobre a baremación provisional no mes de novembro non te digo nin que si nin que non..."

Eu díxeno, vive deus que o dixen: “A directora de emprego público asegurou que a baremación provisional sairía perante o mes de novembro. Está nas actas das mesas sectoriais!”. Pero foi como falar ao profundo dunha cova ou ao fondo dun pozo. Case puiden escoitar o eco da miña voz ao outro lado da liña, como se me respondera un abismo.

Botando a vista atrás, lembrei con nostalxia a época en que os concursos convocábanse nunha data determinada e estaban resoltos nun ano xusto. Daquela, pensabamos que un ano para resolver un concurso era unha cousa excesiva, un desatino tremendo que non se explicaba. E iso que nesa morriñosa época os/as funcionarios/as éramos como artesáns e baremábamos os concursos coa man, contando os méritos como se contan moedas. Ante a nosa desesperación pola tardanza, dende as altas instancias, un tal Barreiro aseguraba que en canto houbera unha ferramenta informática, os concursos resolveríanse na metade dun segundo premendo co dedo índice a tecla ENTER.

Asina a Proposición Non de Lei pola cláusula de garantía salarial!

 

Na CIG consideramos unha promesa baleira o anuncio do Goberno de negociar un acordo salarial e chamamos á mobilización para acadar incrementos dignos que permitan reverter a perda de poder adquisitivo. Ademais, iniciamos unha campaña de recollida de sinaturas para avalar a Proposición Non de Lei (PNL) coa que demandamos unha cláusula de garantía salarial vinculada ao IPC para todo o persoal empregado público.

Na Área Pública da CIG (CIG-Administración, CIG-Saúde e CIG-Ensino) entendemos que non hai nada que celebrar na «intención» do Goberno español de sentar negociar un novo acordo retributivo para o persoal empregado público. Criticamos que as direccións de CCOO, UGT e CSIF se apresuren a vender como un éxito sindical este anuncio, cando se trata dunha promesa baleira, que pretende desactivar o crecente malestar do persoal e que, ademais, nin sequera se formula no ámbito da Mesa Xeral de Negociación.

Advertimos que, unha vez máis, se pretende negociar só cunha parte das organizacións sindicais con dereito a representación, fóra dos marcos institucionais que corresponden, e sacar un acordo pola porta de atrás que —moito nos tememos— seguirá afondando no deterioro salarial.

Neste contexto, na Área Pública da CIG avanzamos a convocatoria de mobilizacións para que tanto os orzamentos xerais do Estado como os orzamentos da Xunta de Galiza contemplen incrementos retributivos que revertan a continua perda de poder adquisitivo que ano tras ano sofre o persoal empregado público.

xoves, 6 de novembro de 2025

Lotería de nadal CIG 2025

Temos á vosa disposición a lotería de Nadal da CIG para o sorteo do vindeiro nadal (22/12/25).  Xogamos o mesmo número que anos anteriores, e as participacións voltan a ser de 5 euros sen recargo.

Os puntos de venda están no local da CIG en San Caetano, Edificio Central (Presidencia) 3º andar, teléfonos 981 545 909 / 981 545 987.

E no local da CIG en San Lázaro, baixo da Consellaría de Promoción do Emprego, teléfonos 981 546 999 / 881 997 290.

Ante as desilusión que nos dan cada día os responsable da Xunta (procesos selectivos eternos, concurso eterno, comisións de servizo sine die, promocións internas eternas...) a ver se podemos darnos unha alegría.