Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 13 de marzo de 2017

Consecuencias do “grao formalizado” nos procesos de promoción interna

O tribunal de selección do corpo administrativo-C1-promoción interna, da Oferta de Emprego do 2012 publicou o pasado venres 10 de marzo a Resolución pola que fan pública a puntuación provisional da baremación da fase de concurso

Na puntuación recoñecida para a base II.3.1.1.b), “Grao persoal consolidado e formalizado” podemos observar como hai 10 persoas con puntuación “0”, cando as bases comezan puntuando con 3 puntos o grao mínimo do grupo C2. O motivo dos “0” puntos é que para ter o grao “formalizado” o funcionario ou funcionaria ten que facer unha solicitude expresa a Función Pública e que esta recoñeza por escrito o grao que de feito o funcionario xa ten “consolidado” e polo que xa está a recibir as retribucións, estando os datos en poder da propia Función Pública.

Este é un problema que aparece no proceso de promoción interna a C1, pero que se repetirá nos demais procesos, con consecuencias desastrosas para xente que vai quedar fora en beneficio doutras que entrarán.

Certo que todas as persoas participan no proceso baixo as mesmas bases, que o que é un requisito para unhas tamén é para outras, e que se obteñen praza unhas deixan de obtela outras. Pero en todo caso comprendemos ás persoas que xa contaban con obter praza por sacar unha boa puntuación na fase de oposición e agora van quedar fóra ou retroceder postos na orde de prelación ao perder tres puntos na fase de concurso.

Cando o 14 de xullo do ano 2014 a CIG presentou as alegacións a estes procesos selectivos de promoción interna, alegabamos:

Grao persoal consolidado: en aras do recollido na Lei 30/1992, non ten sentido pedirlle á persoa interesada a certificación de datos que xa obran en poder da Administración. Por outra banda, o feito de actuar de oficio, fai máis eficiente a realización desta parte do procedemento o diminuír o volume de papel. Xa que logo, solicitamos a retirada do epígrafe "formalizado".



É dicir, que a CIG solicitou no seu día que a Dirección Xeral de Función Pública, ao estar en posesión dos datos do grao consolidado de todo o seu persoal funcionario, aplicase de oficio a puntuación correspondente sen máis esixencia de documentación. Función Pública non aceptou, e agora veñen consecuencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario