Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

venres, 24 de marzo de 2017

Que facer ante un accidente laboral?

Ante o cada vez maior numero de consultas recibidas pola CIG ao respecto deste asunto creemos convínte poñer en coñecemento de todo o persoal empregado publico da Xunta cales deben ser as actuacións a seguir en caso de danos a saúde.

E tendo en conta que aínda que no ano 2016 se desacelerou a tendencia crecente en canto a valores absolutos no numero de accidentes de traballo nos últimos 6 anos, o numero de persoas sinistradas en relación ás expostas aumentou, así como tamén aumentou con relación ás horas traballadas, e do mesmo xeito produciuse un incremento no tempo de duración das baixas por accidente en relación as xornadas perdidas e ao numero de accidentes.

Todo isto fai que sexa necesario incrementar cualitativa e cuantitativamente  os esforzos en materia de prevención, de aí que sexa necesario que todo o persoal empregado publico da Xunta teña coñecemento de cales son os protocolos e procedementos básicos a seguir no caso de accidentes de traballo.

Que é un accidente laboral?

Toda alteración da saúde que se manifeste durante a xornada de traballo, trátase dunha alteración derivada do traballo. (Art. 115 LGSS)
  • Accidente de traballo: Accidentes producidos con ocasión das tarefas desenvolvidas aínda que sexan distintas das habituais, sexan encomendadas pola empresa ou realizadas polo traballador/a en interese do bo funcionamento da empresa. (Art. 115.2c LGSS)
  • Accidente “In itinere”:  aquel que sofre o traballador/a o ir o traballo ou ó volver deste. Non existe limitación horaria. (Art. 115.2d LGSS)
  • Accidente en misión: Son aqueles sufridos polo traballador/a no traxecto que teña que realizar para o cumprimento da misión, así como tamén  o acontecido para o desenvolvemento da mesma dentro da  xornada laboral.

Actuación en caso de accidente
  • É importante que en canto sufras unha alteración da saúde durante a xornada de traballo, avises ao departamento de persoal, onde se solicitará o talón de asistencia e acudas ás instalacións médicas da Mutua. Se fose posible contarase con algún compañeiro/a de testemuña.
  • Asistencia médica: A persoa accidentada será atendida no centro asistencial e obterá un parte onde se indicará  o tipo de dano:  accidente de traballo, enfermidade profesional ou enfermidade común e si procede a baixa médica ou non.
  • Se o persoal médico da Mutua diagnóstica a túa doenza como enfermidade común e a deriva ó medico de cabeceira, reclama que che proporcione por escrito o motivo (son eles os que teñen que demostrar que non é de carácter laboral).
  • Se non estás conforme co diagnóstico, esíxelles unha folla de reclamacións da Mutua  e o mesmo tempo  presenta unha queixa ante a Oficina Virtual de Reclamacións, vía Internet.
  • En segundo lugar presenta unha reclamación pola determinación de continxencias, se recibimos a baixa do médico da Seguridade Social, reclamación que se presentará ante o INSS, no formulario que ten previsto para estes supostos, aportando a documentación que teñas que poida axudar a concretar dita demanda.
  • Aínda sendo correcta a atención da Mutua durante o proceso de baixa médica, na maior parte dos casos forzan a alta, tramitándoa por melloría e non por curación. (Comprobar no parte de baixa).
  • No caso de que o noso estado tras unha alta por melloría nos impida ou diminúa a nosa capacidade para desenvolver o traballo habitual, debemos informar aos nosos delegados/as de prevención, Comité, Xunta de Persoal, ou ao delegado/a do sindicato da Comarca para que nos axude na elaboración e presentación dun escrito solicitando cambio de posto ata a total recuperación. O Artigo 25 da LPRL contempla unha protección especial, entre outros, a traballadores vulnerables por convalecencia ou por estar sometidos a determinados tratamentos médicos invalidantes para algunhas tarefas do seu posto de traballo habitual, a través deste recurso legal podemos protexérmonos durante os procesos de incorporación ó traballo habitual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario