Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

luns, 27 de marzo de 2017

Novos acordos tomados pola Comisión Central de Listas de Contratación

Afectan ás persoas apuntadas nas listas do SPDCIF e nos entes instrumentais


Despois das xestións realizadas coa Consellería de Medio Rural para os efectos de que as persoas integrantes das listas de persoal contraincendios penalizadas poidan presentarse para superar as correspondentes probas físicas e visuais, tómase o seguinte acordo:  Función Pública remitirá á consellería unha listaxe coas persoas admitidas en xestión daquelas categorías que teñan que superar ditas probas, na que se incluirán as persoas penalizadas en listas dende o 15 de xullo de 2015, as cales poderán efectuar as probas. Deste xeito, unha vez finalizado o período de penalización, aquelas persoas que superen as probas poderán ser chamadas para traballar sen ter que esperar á seguinte convocatoria.

Acordo sobre a posibilidade de optar a un posto vacante pola mellora por parte das persoas que ocupen prazas vacantes en entes instrumentais. Refírese a aquelas persoas, integrantes das listas de contratación da Xunta, que son chamadas para outros entes e que poden aceptar de xeito voluntario (non penalizan si o rexeitan) pero non puntúan para as listas da Xunta. Na comisión do 21 de febreito tratamos ese tema e a Administración quedou en pasarnos unha redacción. Na comisión do pasado 21 de marzo, en cumprimento dese acordo, o secretario da Comisión propuxo unha redacción para o acordo, que se aprobou por unanimidade das persoas presentes, decidíndose a súa publicación no portal web da Xunta, e que queda do seguinte xeito:

A cobertura dun posto de traballo vacante e con destino nun ente instrumental, de aceptación voluntaria para os/as candidatos/as, non implicará para a persoa seleccionada a perda de opcón da mellora recollida no artigo 15 do Decreto 37/2006, modificado polo Decreto 124/20162.

Podes consultar todos os acordos tomados pola Comisión Permanente no web de Función Pública.

Ningún comentario:

Publicar un comentario