Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

venres, 30 de xuño de 2017

As pagas extras querémolas dobres

Houbo un tempo breve, moi breve, que o persoal funcionario chegamos a cobrar as pagas extras realmente dobres dun mes normal, cando se incorporou o 100% do complemento específico no 2008. Porén, en xuño de 2010 tivo lugar o recortazo do 5% do Goberno do estado español, de aquela ao mando do PSOE/Troika. 

Aquel recorte aplicouse de xeito lineal para todos os grupos no persoal laboral e en termos anuais. Porén, para o persoal funcionario a aplicación foi máis progresiva e repartida tamén nas pagas extras e como resultado temos uns compoñentes de soldo e trienios da paga extra que non son os mesmos que os de un mes normal. O resultado: as pagas extras non son o dobre dun mes normal, outra vez.

Aquí unha táboa explicativa:


Soldo Trienio Soldo PE Trienio PE Diferenza
A1 1120,15 43,08 691,21 26,58 -38,3%
A2 968,57 35,12 706,38 25,61 -27,1%
C1 727,23 26,58 628,53 22,96 -13,6%
C2 605,25 18,08 599,73 17,91 -0,9%
AP 553,96 13,61 553,96 13,61 0,0%

Despois viría o secuestro da paga extra de Nadal de 2012, devolta en cómodos prazos e en máis cachos que en ningures na Xunta de Galiza. En xuño de 2013 o persoal da Xunta sufriríamos un novo recorte, feito na casa, de quitar o complemento específico das pagas extras, recorte que vimos padecendo ata a actualidade, cando en xuño de 2017 volvemos cobrar ese complemento nas extras. Porén, como xa dixemos, as pagas extras non son dobres.

A parte destes recortes, cuxos cartos non están pola labor de reintegrarnos, fica ese recorte do 5%, do que non queren oír falar, pero que lle imos recordar queiran ou non. Por non falar da perda continúa de poder adquisitivo frente a suba do IPC, que por moito que este ano e o pasado subiran un 1%, o custo da vida subiu moito máis. 

E quedan aí tamén outros recortes consolidados xa na Lei de Emprego Público de Galiza como o desconto por enfermidade, independentemente da plantilla de baixa, independentemente do estado económico das contas, os 9 moscosos que tiñamos na Xunta... Fican tamén os recortes no Convenio Colectivo na Xunta, por exemplo, sobre o dereito ao descanso, ou o drástico recorte sobre o Fondo de Acción Social, por citar outros exemplos.

Aínda hai moito polo que loitar para volver a chegar a como estabamos no 2009.

Ningún comentario:

Publicar un comentario