Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

luns, 12 de xuño de 2017

Comeza a xornada de verán, non para todo o persoal, e remata a flexibilidade, para quen a tiña

Remite a Dirección Xeral de Función Pública unha nota informativa con relación á vindeira entrada en funcionamento da xornada de verán regulamentada na Orde do 20 de decembro de 2013. Sen novidades respecto a 2016.

Coa entrada en funcionamento da xornada de verán anúlase a flexibilidade horaria en cómputo menusal salvo para as flexibilidades por motivos familiares. Tamén se anula para esta última flexibilidade horaria a posibilidade de compensar os desvios negativos dos meses afectados dun mes para outro.

Un ano máis deixan fóra, sen ningún tipo de compensación, ao persoal que traballa a quendas ou xa ten unha redución de xornada previa. Tampouco incorporan as melloras con relación ao persoal de Estado, ao que lle ampliaron desde o ano pasado o período de goce do horario de verán ás persoas con crianzas de menos de 12 anos.

Supoñemos que en breve sairá algo tamén nos medios de comunicación. Moitas mentes privilexiadas mirarannos (para non variar) como un colectivo privilexiado, obviando a existencia dun réxime horario diferenciado en verán tamén na empresa privada, obviando que a conciliación da vida familiar, persoal e laboral é algo que só toman en serio de xeito xeral nos países nórdicos porque se demostra que a productividade é maior, e obviando que a envexa e a degradación dos dereitos das outras persoas non é o camiño para defender os propios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario