Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

xoves, 8 de xuño de 2017

Borrador dos concursos de traslados: armouse o rebumbio

O día 5 de xuño convócannos a unha xuntanza para tratar o baremo dos futuros concursos de traslados, borrador que nos entregan con posterioridade. Recordamos que este borrador tenta establecer os futuros criterios para todos os concursos de traslados, tando de persoal funcionario como laboral, cunha periodicidade de entre 1-2 ao ano.

O borrador foi xa distribuído polos sindicatos e acabou montando bronca entre o persoal, como era de agardar.  Xa lle advertimos a Función Pública que certos cambios encamiñados a reducir a valoración de méritos crearían forte rexeitamento e así está a ser. E iso que a negociación aínda non comezou...

Destacamos a continuación os aspectos máis candentes das moitas alegacións que nos estades facendo chegar sobre o borrador:
  • Antigüidade: redúcese o peso en 0,5 puntos menos. Seguen sen contala por meses.
  • Méritos específicos: excesiva valoración da experiencia na mesma área funcional: 0,25 por cada ano ou fracción superior a 6 meses (a antigüidade é de 0,15).  Non puntuación de cursos como méritos especíticos alternativamente á experiencia na mesma área funcional. RPTs aínda non adaptadas.
  • Traballo desenvolvido: a substitución dos criterios de valoración dos niveis polo “nivel destino medio”. Ter en conta o tempo traballado en comisión de servizo/adscrición cando as concesións destas seguen sendo sen responder a criterios taxados. Así pois, pode darse o paradoxo de que unha persoa con 2 anos de antigüidade e todos nun nivel 25 en comisión vai ter máis puntos por este concepto que unha persoa con 20 anos, con 5 anos nun 12, 10 nun 18 e 5 nun 25.
  • Cursos de formación: a absurda limitación de cursos aos últimos 2 anos e a partir de 20 horas. Que non conten os cursos de Universidades, Escola Galega de Administración Sanitaria, Academia Galega de Seguridade Pública, Servizo Público Estatal de Emprego, Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
  • Titulación: non se valora a titulación académica distinta á requirida para o ingreso no corpo.
Recordamos que os únicos límites que puxo o director da Función Pública foi a normativa vixente e a "simplicidade". O que agardamos é que baixo "simplicidade" non oculten outras intencións e tenten restar méritos obxectivos e valiosos ao persoal público que tanto tempo investiou en conseguir. A tecnoloxía avanzou moito e o que sempre consideraron moi compricado (valorar os cursos por horas) xa recoñecen que é posible. Querer é poder.

NOTA: amplían o prazo de alegacións até xoves, 22 de xuño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario