Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

venres, 16 de xuño de 2017

A CIG votará non á derradeira proposta de acordo da segunda actividade para o persoal do SPDCIF

A CIG rexeita o derradeiro texto presentando do acordo de segunda actividade para o persoal de extinción directa do SPDCIF, unha vez rematadas as negociacións con Función Pública e Medio Rural, que tiveron lugar no seo da comisión de seguimento do acordo de bombeiros forestais e segunda actividade.

As principais razóns polas que a CIG rexeita o derradeiro texto achegado pola Dirección Xeral da Función Pública son as seguintes:


  • Non responde en absoluto ó reflexado no acordo de bombeiros forestais asinado en setembro de 2016.
  • As tarefas a realizar polo persoal que se acolla á segunda actividade non son as recollidas no acordo. Defendimos a utilidade real do traballo, quedando polo tanto desvirtuado ditas tarefas a desenrolar polo persoal.
  • Non garante a percepción salarial íntegra que ten o persoal do SPDCIF.
  • A aplicación real será caótica, xa que Medio Rural non ten contemplado como distribuír e organizar ó persoal que se acolla ó catálogo de funcións.
  • Utilízase para cubrir vacantes doutros centros de Medio Rural.
  • Función pública non aclara que éstas prazas, as vacantes ofertadas, poidan quedar bloqueadas no caso de non seren solicitadas, diante de futuros concursos, ope...etc
  • Deixa fóra do acordo da segunda actividade ó persoal temporal, máis do 42% da plantilla do SPDCIF.
  • Deixa fóra do acordo ó persoal apto con restriccións. Un servizo de emerxencia coma o SPDCIF non debe permitirse o luxo de ver aminorado o número de efectivos na extinción directa.
  • Crea unha nova comisión de seguimento, cando o propio acordo inicial conta con unha para tal fin, co único obxectivo de coaccionar para asinar.
Logo dunha negociación metida a toda presa, con calzador, e aínda pendente de pasar polas mesas de negociación correspondentes, Función pública ven de publicar no DOG do 12 de xuño as condicións de acceso á segunda actividade regulada por un acordo aínda en proceso de trámite. Para que a CIG emita voto favorábel, deberán térse en consideración as nosas demandas. Reiteramos a necesaria implantación da segunda actividade no SPDCIF, pero non a calquér prezo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario