Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

xoves, 15 de xuño de 2017

Resumo da reunión pola modificación da RPT da AMTEGA e outros temas. 14/06/17

O 14 de xuño tivo lugar unha reunión coa AMTEGA para tratar dunha pequena modificación da RPT no que a CIG tivo tempo de recordarlle un montón de asuntos pendentes como o concurso de traslados, homologación salarial, teletraballo, formación, etc.

A modificación en si trátase de amortizar 2 postos vacantes para crear outros 3 (2 deles obrigados por sentenza xudicial), así como eliminar as observacións dun posto. Descargar documentación.

 A CIG comentou o seguinte con relación a esta modificación da RPT:
  • Opoñémonos a amortización de postos para a creación de novos postos.
  • Solicitamos copia das sentenzas
  • En base ao artigo 2 da Orde do 21 de novembro de 1989 pola que se fixan os criterios xerais para a elaboración das relacións de postos de traballo, solicitamos que se dea cumprimento na presente RPT ao dito artigo antes de ser remitida a mesa xeral e se proceda a recodificar a RPT segundo manda a norma.
  • Solicitamos que se de cumprimento a Lei 7/2014 de arquivos e documentos e se dote a organismo cun posto á fronte do arquivo do corpo facultativo superior de arquivos.
  • Para dar cumprimento ao artigo 7º do decreto 24/2008, solicitamos que se sinale na RPT deste organismo o posto ou postos de traballo que teñan a consideración de órganos estatísticos, de conformidade coa Lei de Estatística de Galicia.
  • Se nos facilite por parte da xerencia mais documentación da RPT pois non cumpre a orde dada polo director de Función Pública, na que se indicaba que todas as RPTs íanse negociar completas e cos campos actualizados para dar cumprimento a orde do 10 de maio de 2017 . Polo que solicitamos se nos remita a RPT completa coas areas funcionais e co formato actualizado segundo as indicacións de Función Pública.
  • Solicitamos que nas observacións dos postos de traballo que asi o precisen, se indique o centro de destino fisico onde se atopa a praza, a efectos de concurso, non é o mesmo pedir un posto que está na cidade da cultura, en San Lazaro, en San Caetano, ou en calquera outro lugar da cidade de Santiago, por exemplo. 
Con relación a outros temas alleos a esta modificación de RPT, pero pendentes desde vai tempo xa, a CIG sacou os seguintes temas, nos que a maioría quedou sen resposta.
  • Solucionar a cuestión da homologación salarial do persoal laboral informático.
  • Concurso de traslados. O último resolveuse o 02/04/2014, hai xa tres anos. Preguntamos se teremos que esperar oito anos coma pasou na última vez.
  • Teletraballo. Por qué se continúan concedendo só unha xornada cando o persoal solicita 3 xornadas por semana. Tomar constancia de sentenzas xudiciais recoñecendo o dereito a 3 días.
  • Conciliación familiar. Resaltamos que as resolucións de Flexibilidade horaria por conciliación (ao igual que aos de teletraballo) son un “copy paste”. Non se ten en conta o que piden os traballadores e non se está permitindo o acumular de xornadas.
  • Notificacións por correo electrónico. Non cumpre cos requisitos legais de notificación para que quede constancia da data na que o interesado é notificado polo que supón o problema para temas de recursos. Pedimos que se empregue o sistema de notificación da Xunta (Notifica.gal) e que todas as resolución veñan firmadas usando portasinaturas.
  • OPE Informática. A última convocatoria de persoal informático do grupo A2 foi no 2011 cun total de 7 postos ofertados. No caso do persoal informático do grupo C1, a última convocatoria foi no 2008 cun total de 36 postos. A xunta leva 8 anos sen convocar postos do grupo C1 de informática.
  • Avaliación de riscos de centros de traballo. Preguntamos por unha avaliación que se fixo en decembro de 2016 e da que non hai novas. Din que xa lles apareceu fai un mes e que vana mirar.
  • Oferta formativa específica para persoal informático da AMTEGA. ESCASA, e no maior parte dos casos so presencial en Santiago. Pedimos que se imparta formación en certificacións LPIC, ITIL, bases de datos, sistemas de almacenamento,etc. a mesma formación que lle piden a os traballadores externos nos pregos de contratación.
  • Integración do persoal do CIXTEC. Se vai supor algún cambio (de localización física ou a nivel de desenvolvemento do traballo).

Ningún comentario:

Publicar un comentario