Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

xoves, 8 de xuño de 2017

Borradores das convocatorias promoción interna persoal laboral OPE 2016

A Dirección Xeral da Función Pública trasladounos os borradores das bases dos procesos selectivos para o ingreso pola quenda de promoción interna e cambio de categoría para os grupos e categorías profesionais do persoal laboral da Xunta de Galiza ofertados na OPE 2016.

Son un total de 4 borradores que agrupan 7 categorías e 266 prazas. O problema é que na dita OPE 2016 non ofertaron máis promoción interna para o resto de grupos: III, II e I. [aquí a historia] En teoría estas convocatorias ían saír cando rematase o período de alto riscos de incendios forestais do ano pasado e a ver se saen cando remate o de este ano.

Da de prazo ata o día 19 de xuño de 2017 para presentar alegacións as citadas bases.

  • categoría 033 (bombeiro/a forestal condutor/a motobomba) do grupo IV [30 prazas] Descargar borrador
  • categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV [87 prazas cota xeral; 9 cota discap]. Descargar borrador
  • varias categorías incendios do gfupo V: categoría 14 (Bombeiro/a forestal) [22 prazas], 14A (Bombeiro/a forestal condutor) [22 prazas], 10B (Vixiante fixo/a de defensa contra incendios forestais) [10 prazas] e 10C (Emisorista de defensa contra incendios forestais)[10 prazas] do grupo V. Descargar borrador
  • categoría 001 (camareiro/a–limpador/a, axudante cociña) do grupo V [69 prazas cota xeral; 7 cota discap] prazas]. Descargar borrador





Ningún comentario:

Publicar un comentario