Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 17 de agosto de 2017

Cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior nas escolas oficiais de idiomas

No DOG do xoves, 17 de agosto de 2017, publicouse a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, presenciais e en liña, e cursos preparatorios para acadar os certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2017/18, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos ás empregadas e empregados públicos da Administración autonómica, da Administración local e da Administración periférica do Estado español na Galiza, exceptuando o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, non entendendo por tales os empregados públicos da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. O prazo para presentar as solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2017, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 2 ata o 11 de xaneiro de 2018, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Podes consultar a relación completa de cursos ofertados, localidades e datas na convocatoria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario