martes, 4 de xuño de 2019

A carreira profesional na Xunta na corda frouxa

O director xeral da FP facendo equilibrios
 coa carreira profesional , os concursos, a
funcionariazación e a promoción interna

A Xunta, CCOO e UGT asinaron unha carreira profesional suxeita a provisión de fondos adicionais, crearon un complemento sen garantía orzamentaria.

Puidemos ler o fin de semana do 1 de xullo en varios medios de comunicación a existencia de controversia entre o Goberno do Estado e a Xunta de Galiza e que afectaría á carreira profesional, os incrementos salariais e outros aspectos do Acordo de concertación asinado por CCOO, UGT e Xunta (DOG do 28/01/2019).

O Boletín Oficial do Estado (BOE) do venres 31 de maio publica dúas resolucións polas que anuncian o comezo de negociacións para resolver as discrepancias entre Estado e Comunidade Autónoma de Galiza por certos artigos da Lei de orzamentos e a Lei de medidas fiscais e administrativas de Galiza para o ano 2019 relacionados co Acordo de concertación e a carreira profesional. De ter razón o goberno do Estado, podería ser anulado o complemento de carreira.

As contías destinadas ao complemento de carreira no Acordo de concertación dependen dos fondos adicionais e de non cumprirse o obxectivo de déficit, a Xunta carecería de fondos para orzamentar a carreira. Esta foi unha das razóns polas que a CIG non asinamos o Acordo de Concertación: porque a carreira profesional non ten garantía orzamentaria.

Sabíano, pero XUNTA, CCOO e UGT asinaron o Acordo de Concertación igual, para vender nas candansúas campaña e... agora que? Queda a carreira no aire? Perigan o resto de medidas do Acordo de concertación? Ante esta situación temos que saber se Galiza realmente cumpriu ou non o obxectivo de déficit que lle marcou o Estado.





Ás cousas feitas ás présas soen saer mal. A carreira profesional meteuse a calzador no Acordo de concertación até o punto que a última hora apareceu no texto como que este complemento retributivo ía substituir ao complemento de destino.

Non podemos quedar paradas e a CIG vimos de solicitar unha xuntanza urxente co Conselleiro de Facenda para que nos conte a súa “visión” da situación e resposte a todas estas cuestións. Solicitaremoslle tamén o informe xurídico do acordo e posterior orde que o instrumentaliza para ver as consideracións que facían e se estaban axustadas ao dereito para tratar de achegar solucións ao conflito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario