Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 4 de xuño de 2019

A CIG denuncia un total de 347 comisións de servizo ilegais na Xunta de Galiza

A CIG-Autonómica vén de presentar un escrito de reclamación, iniciando un proceso que seguramente acabará no xulgado do contencioso para denunciar todas as comisións de servizos ilegais.

Moitas de vos, levades tempo preguntado cómo é posible esta desfeita nas comisións de servizo. Dende o sindicato recollendo as vosas denuncias, fixemos un traballo de recopilación de comisións ilegais para poder xudicializar o tema. A día de hoxe temos detectadas 347 comisións que sobrepasan os dous anos de vixencia (algunhas chegan aos sete): 172 na Coruña, 45 en Lugo, 44 en Ourense e 83 en Pontevedra. A esto temos que engadir amáis as formas oscurantistas da selección do concursante e as decenas de comisións cruzadas.

De  feito na aprobación (aínda sen publicar) do novo Decreto de provisión de postos, o señor Barreiro non moveu unha coma para facer a cobertura das comisións de servizo máis áxiles, máis xustas, máis transparentes e en definitiva menos enchufistas. Só lle preocupou regular o concurso específico das xefaturas de servizo cunha forte compoñente discrecional.

Por iso, xa non podemos aturar máis a situación, e ao igual que en varios concellos do país, imos tratar de tumbar todo esta trapallada ou ben administrativamente ou senón será a xustiza a que teña que por cada cousa no seu sitio. Instamos ao presidente Feijoo, ao conselleiro de Facenda a que tomen cartas no asunto e poñan a un verdadeiro xestor no timón da Función Pública, non a un chapuzas como temos agora mesmo.

Esta actuación está conectada, coa vindeira campaña que vai desenvolver a CIG solicitando a convocatoria regular dos concursos de traslados tanto de persoal funcionario da administración xeral e da adminsitración especial, así como do persoal laboral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario