Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 7 de agosto de 2019

Concurso corpos xerais: terceiro borrador de postos vacantes

Despois de aprobar as bases da convocatoria do vindeiro concurso de corpos xerais na Comisión de Persoal do 2 de agosto, achegamos o buzón de postos actualizado a día 7 de agosto, onde figuran tamén xa todas as consellarías. De momento, entrase en modo vacacións polo que non se agardan máis modificacións até setembro.  Descargar buzón.
De todos os xeitos, recordamos que isto é un borrador e a listaxe definitiva debera coñecerse a principios do mes que vén cando Función Pública ten previsto publicar o concurso.

Por último, agradecemos as distintas achegas que nos facedes sobre os postos "ocultos". Tamén queremos deixar claro que os postos que se convocan son consonte á normativa "aqueles vacantes de necesaria cobertura" sendo competencia da Administración estimar o que se entende por "necesaria cobertura" a pesar das nosas alegacións. Neste sentido vai o artigo 37 do EBEP eo artigo 153 da LEPG que só contemplan como materia puramente negocial as bases dos concursos e non os concretos postos que se oferten.

Ningún comentario:

Publicar un comentario