Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 13 de febreiro de 2020

Reunión da XXPP co Director xeral da Función Pública

O pasado martes 11/02/2020 a permanente da Xunta de Persoal de Servizos Centrais mantivo unha reunión co Director Xeral da Función Pública que xa anteriormente tiñamos solicitada co Consellerio de Facenda dende novembro. O señor Valeriano decidiu pasar de nós (seica está enfadado dende que o metemos na fiscalía pola desfeita das oposicións de Turismo) e ordeou que fose o director xeral da Función Pública quen nos atendese. Dicir  que xa tiñamos solicitada tamén co sr. Barreiro unha reunión previa pero como sempre non nos contesta aos escritos e dende logo ganas de falar con nos non debe ter moita (pero como mandaba o conselleiro tivo que achantar). Na citada reunión aproveitamos para tratar os seguintes temas:

1.- Entregámoslle o novo Regulamento da Xunta de Persoal de SSCC. Aquí falamos da lealdade institucional entre os órganos da administración, e concretamos que  débese responder aos escritos que se presenten, por poñer un exemplo na anterior lexislatura non nos responderon dende a Función Pública Galega a máis de 20 escritos presentados  (recordemos que estamos a falar de que representamos a preto de 3000 persoas; funcionarias e funcionarios da Administración atuonómica). Tamén abordouse a idea de que deberíamos ter un enlace como Xunta de Persoal na paxina web de Función Púlbica, asimesmo se falou do tema de acceso a  REXEL no que a Xunta de Persoal despois de moitas xestións para que esté habilitado como receptora/remisora de documentos, a cousa aínda non vai. (recordemos que entre outras cousas temos que informar de todas as flexibilizacións por motivos familiares).

 2.- Solicitamos información do  concurso específico, que o director despachouno con un "está pendente do informe do Consello Consultivo", logo parece ser que se porán con elo de inmediato. 


3.- Preguntamos polo concurso de corpos especiais, esto despachouno ainda máis rápido, "para esta lexislatura non toca", so se traballará no que esté xa e comenzado, ou sexa que para tódolos temas que non estén comezados podemos ir esperando sentados. 

 4.- Tamén falamos do concurso permanente, esto seica se vai solucionar con que os concursos vanse resolver en seis meses e teremos un, ou dous concursos o ano, esto soa igual que fai catro ou cinco anos, cando nos reuníamos con él e nos aseguraba que estaba a contratar un progama informático especializado en concursos para que fosen permanentes. 

 5.- Fixemos alusión ás  prazas que quedan vacantes dende que pecharon o buzón do concurso xeral ata que se publique que xa vai para tres meses, tanto por xubilacion como por nova creación…, di que se incluiran, que xa falou co departamento informático e que é posible metelas, e que se publicara de inmediato.

 6.-  En canto ás comisión de servizo que exceden do tempo máximo de dous anos ou que se cruzan, esto xa se resolve segundo o punto catro, concurso anual ou dous o ano. Tamén voltamos a insitir na baremación obxectiva das comisións e diso non quere saber nada.

 7.- Preguntamos sobre a xornada de 35 horas que xa teñen en outras autonomías, según o director xeral, os funcionarios de Servizos Centrais ainda lle deben  horas, xa que temos horario de verán e como logo non as recuperamos....¡¡¡que morro ten este home!!!

 8.- Preguntamos pola funcionarización: aprobaranse as bases este mes e publicarase xa de inmediato. 

 9.- E por último pedimos información sobre a carreira profesional,  nos contesta dicindo que están a traballar no decretro que  sairá no 1º semestre e incluirá tamén aos interinos...como non se sabe...lembrame aquelo de estamos traballando nelo...e do demais xa traballaremos. 

Ao final quedamos en seguir falando en futuras reunións (a ver se nos contesta) para poñer enriba da mesa os problemas do persoal funcionario de Servizos Centrais, que para iso nos elexistes...

Xa o vedes máis incertezas e largas que concrecións; a ver se en Abril mandámolo  para A Coruña, que lle vai sendo horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario