O "sentidiño" que pide a Xunta á cidadanía non o estaba a aplicar co seu persoal ao negarse a cumprir as obrigas en materia de saúde laboral.
Recordar, que por moito que se lles encha o peto a Xunta, esta compra de máscaras non foi digamos "voluntaria", e veu forzada pola denuncia das delegadas de prevención da CIG en todo o pais, o que conlevou a que houbera varias dilixencias da inspección de traballo conminando á Xunta a repartilas entre todas/os as traballadoras e non como ata o de agora que cada consellería facía o que quería e unhas repartían máscaras e outras non.
Así por exemplo, dende hai meses en Sanidade ou en Turismo dotaban de máscaras ao persoal e no resto nen estaban nen se esperaban.
En principio veñen en packs de catro unidades, dúas formato rectangular e dúas de pico. Esperemos que vos cheguen a todos e todas. Son hixiénicas reutilizables que agaradamos vaian renovando cada x meses, cando se cumpra o uso máximo teórico, ou cada vez que se rompan. Por suposto, co logo da Xunta e o Xacobeo....
Agora todos somos un pouco máis iguais...non era sen tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario