Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 2 de maio de 2024

Alegacións da CIG ao Acordo do Fondo de Acción Social para o ano 2023

O día 20 de maio as 10:00 horas os axentes sociais tivemos unha reunión con representantes da Función Pública por o mal chamado Fondo de Acción Social (FAS) xa que só queda unha axuda (por atención de persoas con discapacidade) dende os recortes que fixo esta Administración no ano 2012.

A proposta de Acordo do FAS segue a vir únicamente con axudas para atención de persoas con discapacidade, polo que segue a manter limitadas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a cargo, axuda aos estudos de fillos/as e propios, adquisición de vivenda, gastos sanitarios e ópticos.

Todos estes recortes no FAS comenzaron no ano 2012 da man da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza, unha lei ditada ao abeiro dunha crise económica xa superada e da que o goberno do estado español xa ten levantado todas as limitacións de orzamento que puideran ser xustificación destes recortes. No cadro que vai deseguido vese a diferenza do FAS do ano 2010 comparado có actual.


FONDO DE ACCIÓN SOCIAL

2010

FAS 2023

CONTÍA GLOBAL

€ 9.136.392

€ 2.000.000

CONTÍAS MÍNIMAS POR MODALIDADES

ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE

€ 1.300

€ 2.160

XUBILACIÓN

€ 3.500

€ 0

FILLOS-AS MENORES

€ 150

€ 0

ESTUDO DE FILLOS-AS

€ 90

€ 0

ESTUDOS DO PERSOAL DA XUNTA

€ 200

€ 0

ADQUISICIÓN DE VIVENDA

€ 1.532

€ 0

MAIORES A CARGO

€ 200

€ 0

GASTOS SANITARIOS (TRATAMENTOS, PRÓTESES)

€ 60

€ 0

GASTOS SANITARIOS (PRODUTOS ALIMENTARIOS)

€ 60

€ 0


Nesta proposta que nos presenta a Administración Autonómica, a única novidade con respecto o anterior FAS é o aumento do nivel das rendas anuais das persoas causantes, que se ve incrementado este límite dos 13.300 euros a 14000. A cantidade desta axuda fica en 2.160 euros por causante, exactamente igual que no ano 2020, 2021 e 2022, así que non se actualizou nen tan sequera o IPC destes tres derradeiros anos.

Dende a CIG observamos no texto enviado que non se emprega unha linguaxe neutra, inclusiva e respectuosa. No texto desta proposta emprégase unha linguaxe sexista, contravindo a normativa de xénero. A LO 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, establece «a implantación dunha linguaxe non sexista no eido administrativo e o seu fomento na totalidade das relacións sociais, culturais e artísticas (art. 14.11) como un dos criterios que deben guiar a actuación dos poderes públicos, por iso solicitamos unha revisión do texto enviado.

Na CIG insistimos nas alegacións presentadas en anos anteriores e que se resume en:


- Subir o importe actual como mínimo conforme o Indice de Precios o Consumo (IPC) dos derradeiros 3 anos, para esta axuda.

- Recuperación de todas as modalidades de axudas do FAS que tiñamos antes dos recortes, e aumentalos progresivamente.

- Recuperación dos importes subtraídos no 2012 e chegar ao 1% da masa salarial.

- Compatibilizar as axudas do FAS con outras que se poidan percibir, e que a resolución e aboamento sexa no mesmo ano natural da convocatoria para evitar os problemas con declaracións complementarias de IRPF.

- Que todas as axudas que se concedan sexa proporcional o nivel de renda das familias.

- Solicitamos que esta axuda se meta en nómina tamén no persoal funcionario, co mesmo sistema de petición que ten o persoal laboral. De non facerse así supon un agravio para o persoal funcionario público que ten que facer a petición cada ano e entregar a documentación xustificativa e cobrala con máis de un ano de retraso, xa que este ano 2024 estamos falando da axuda do ano 2023 que se comenzaría a cobrar en nomina en xaneiro dese ano. Este punto dende a Dirección Xeral de Función Pública, prometerán no pasado exercicio que iba a ser deste xeito, o cal ainda estamos a espera. Dende a CIG instamos a que se faga XA.

- Os prazos para solicitar o FAS non deben coincidir en ningún caso co mes de agosto. Se non se aceptan as demandas de modificación total do documento, e a apertura dunha negociación para a recuperación dos nosos dereitos, a publicación desta axuda debe facerse canto antes para así podernos garantir o pagamento dentro do presente ano. Se non hai modificacións deste FAS que nos digan cando se prevé publicala no DOG.

- Parecenos inxusto que compañeiros da mesma Xunta de Galicia que pertencen a MUFACE, ou de outras administración teñen dereito a axudas que a Xunta de Galicia non contempla neste FAS, queremos que dende a Xunta de Galicia por o menos iguale os que non teñan dereito a estas axudas por simplemente pertencer a outro réximen e non a MUFACE.

- Queremos que estas alegación da CIG cheguen a algún con capacidade para cambiar o Fondo de Acción Social. En definitiva, queremos un autentico FAS aou que se poda acoller todo o persoal empregado público da Xunta de Galicia que vaia máis aló dunha simple liña de axudas para atención de persoas con discapacidade. Dende a CIG tamén se solicitamos todo o dito anteriormente na negociación dos Orzamentos anuais da Xunta de Galicia.

Resposta da administración:

Intentarán publicar esta axuda neste mes de maio, vai ir o vindeiro Consello da Xunta e logo o DOG.

O tema de cobrar mensualmente din que o transmitiran e que teñen un plan para que cada consellería tramite esta axuda...non dan datas para levalo a cabo, xa que este orzamento e para o ano 2023 e para este ano 2024 non o tendría, entendo que non teñen previsión, a ver si para o vindeiro ano se cadra, se lle encende a luz os tramitadores desta axuda e fan unha pequena previsión nos orzamentos, se non todos os anos vai a pasar o mesmo.

O de modificar o FAS e recuperar como mínimo as axudas anteriores, din que o transmitiran os órganos de esta administracións competentes e con capacidade para facelo (dende Función Pública o interlocutor hoxe foi un subdirector xeral, en fin), de momento son lentellas, si non as queres as deixas, como diría un presidente do PP de todos os puntos que lle propuxemos “desto ya tal”.


Ningún comentario:

Publicar un comentario