Na Mesa Xeral do martes 21 de abril, demandamos á directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) as seguintes cuestións sobre a elección de destino definitivo dos corpos xerais (administración xeral sen escala).
En primeiro lugar, como xa saben cales son as prazas vacantes tras a resolución do concurso de traslados, queremos a relación das que van ofertar para os destinos, pois os compañeiros e compañeiras demandan información. A DXEP limítase a dicir que están a revisar as prazas.
En segundo lugar, reclamamos que nos convoquen á xuntanza comprometida pola DXEP para falar sobre o método e a orde de prelación na elección de postos. Esta xuntanza non tería sentido despois da publicación en DOG da resolución pola que se convoca á elección de postos, polo que tería que ser nestes días. A DXEP resposta que a información de que esa publicación en DOG sería na semana do 20 ao 24 de abril, “era unha previsión”. Así que aumenta as incógnitas. Engade que para esa xuntanza van a amosarnos un exemplo do problema que teñen coas prazas.
En terceiro lugar, preguntamos polo método (van convocar a todos/as á vez ou por grupos?), e cuestionamos a prelación da promoción interna separada e específica. Isto foi o que dixo a DXEP:
- Estudarán a orde de prelación para promoción interna separada.
- Asegura que ao ser tantas as
convocatorias pendentes, e ao existir postos abertos a varios subgrupos,
o sistema habitual de que primeiro escollan todos e todas da primeira
convocatoria por orde de subgrupo, para a continuación ir os da seguinte
convocatoria tamén por orde de subgrupo, producirá segundo as súas
prospeccións, que persoas dun subgrupo inferior collan postos abertos ao
superior e poidan deixar aos superiores da seguinte convocatoria con
menos postos dos necesarios. Asegura que xa fixeron simulacros e con
este método teñen problemas de postos en A1 e A2.
- Decidiron, xa que logo, que teñen que actuar doutro xeito:
- Todas as persoas de todos os procesos
escollerán nun mesmo acto. É dicir, que as persoas deben escoller tantos
postos como o número de persoas que teñen por diante sumando todos os
procesos.
- Para a orde de prelación, separan en dous bloques.
- O primeiro bloque está formado por
todos os procesos que non son os derivados da Lei 20/21
(estabilización). Para este bloque, comezarán elixindo os A1 de todas as
convocatorias por orde de prelación dos procesos (pendente de confirmen
cal será esa prelación). A continuación irán os A2 de todas as
convocatorias, e así sucesivamente.
- A continuación ven un segundo bloque
(estabilización). Irán primeiro os do proceso de concurso, comezando por
A1, A2..; e para rematar irán os de concurso-oposición (A1, A2, ..).
- Insiste en que non lles queda outra que facer así para garantir a dispoñibilidade de postos.
- Todas as persoas de todos os procesos
escollerán nun mesmo acto. É dicir, que as persoas deben escoller tantos
postos como o número de persoas que teñen por diante sumando todos os
procesos.
Contamos con que nos convoquen para estes días a falar deste tema. Queremos discutilo e queremos datos.
En canto a datas: como dixemos, a referencia a que a semana do 20 a 24 de abril (esta semana) estaría publicada a convocatoria para a elección de postos, está por ver, ao dicir a DXEP que foi unha “previsión”. Nada dixo de que se manteña, ou non, a previsión de que en maio publicarían a data de cese e toma de posesión. Xa que logo, ese ruxe-ruxe de que o 12 de maio é a data de cese, nin sabemos de onde sae, nin sabemos se é certa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario