As unidades da Dependencia da Xunta teñen sen resolver expedientes dende o ano 2010
Unha vez denunciado dende a Xunta de
Persoal da Coruña, estes días vén de facelo tamén a Xunta de Persoal dos
Servizos Centrais. Este último órgano de representación, ademais, leva
remitido varios escritos tanto as diferentes secretarías xerais como á
Dirección Xeral da Función Pública pedindo datos sobre as horas extras
autorizadas. A motivación desta última solicitude de información é que
hai constancia de que están a utilizar as ditas horas extras en unidades onde se produciron recentes amortizacións e despedimentos, en maio do ano pasado.
Se ben non é exclusiva da Consellaría de
Traballo e Benestar esta forma clientelar de repartir traballo (fainas
habitualmente a Axencia Tributaria de Galicia), neste caso resulta moito
máis escandaloso logo do proceso de amortización de prazas que se
desenvolveu nesta consellaría aínda hai uns escasos dez meses.
Nomeadamente, nas oficinas de Compostela, Ferrol e Vigo destruíronse daquela un total de 17 postos de traballo ocupados, na súa maioría, por asistentes sociais que acabaron engrosando a longa lista do paro do noso país.