Un outro ano máis a comparsa da CIG nos
Servizos Centrais percorreu os corredores dos edificios administrativos
centrais da Xunta de Galiza. As compañeiras e compañeiros que formaban a
comparsa parodiaron a personaxes da farándula como a Duquesa de Alba, o
ministro do interior, Ana Botella, Luís Bárcenas ou Rouco Varela e a
infanta Cristina.
Tivo cabida tamén algunha parodia con
respecto ao aborto na forma de crítica aos procesos de amortización de
prazas que está a levar o goberno da Xunta con seguinte lema: “Non ao
aborto de prazas de Funcionarios”, “Si á vida dos Servizos Públicos”;
así como tamén unha mensaxe coa foto de Gallardón que sinalaba “Defensor
dos dereitos do funcionario concebido e non nacido”.
Así mesmo, a personaxe que parodiaba ao
ministro do interior, levaba un cartaz co lema “Por unhas palizas
públicas e de calidade”, Ana Botella ía propoñendo un “Keep calm and
relaxing cup of café con leche” e unha outra pancarta coa foto da
Ministra de Traballo levaba unha mensaxe que a sinalaba como “Defensora
do despedimento de Calidade, Libre e Gratuíto para o Persoal Laboral”.
O percorrido, logo dun pequeno paseo por
San Caetano iniciouse no Rexistro Xeral da Xunta, chegou á cafetaría de
San Caetano, continuou pola Área de Benestar dirixíndose logo ás
dependencias da Función Pública, no edificio da Presidencia. Este
percorrido, na súa totalidade, estivo custodiado e acompañado pola
Policía Autonómica (esta non ía disfrazada).
Neste último lugar, nas dependencias da
Consellaría de Presidencia, a comparsa recibiu a mensaxe clara e
contundente dun mando da Policía Autonómica que procedeu a comunicar aos
membros da comparsa que "recibiran ordes de arriba" de que tiñamos que
parar e que non se ía permitir continuar o percorrido carnavaleiro por
San Caetano. Logo dunha pequena tentativa de seguir coa actividade
festiva e vista a intransixencia do mando da policía, a comparsa decidiu
dar por finalizado o percorrido. Hai xente "arriba" que non ten sentido
do humor...
A SAN CAETANO VOU LIXEIRIÑO, CAMIÑANDO
LEVO O MEU PARAUGUIÑAS QUE PRA GASOIL XA NON TEÑO CARTOS
AO TRABALLO VOU LIÑEIRIXIÑO, VOU CHORANDO
É POLA MIÑA EXTRA QUE FRIJOLITO ME ESTÁ SISANDO
VOU SUBINDO ESCALEIRAS, CRUZANDO PORTAS, SEMPRE CANTANDO
VAITE SABER A QUE ANDAN ESTES PANOCOS NOS SEUS DESPACHOS
LEVO O MEU PARAUGUIÑAS QUE PRA GASOIL XA NON TEÑO CARTOS
AO TRABALLO VOU LIÑEIRIXIÑO, VOU CHORANDO
É POLA MIÑA EXTRA QUE FRIJOLITO ME ESTÁ SISANDO
VOU SUBINDO ESCALEIRAS, CRUZANDO PORTAS, SEMPRE CANTANDO
VAITE SABER A QUE ANDAN ESTES PANOCOS NOS SEUS DESPACHOS
AO TRABALLO VOU, (LIXEIRIÑO)
AO TRABALLO VOU, (VOU CHORANDO)
COMO UN DINOSAURIO POLO CAMIÑO DA EXTINCIÓN
AO TRABALLO VOU, (LIXEIRIÑO)
AO TRABALLO VOU, (VOU CHORANDO)
E AO FRIJOLITO E AOS SEUS RECORTES DICIMOS NON
A SAN CAETANO VOU LIXEIRIÑO, CAMIÑANDO
PORQUE NON TEÑO CARTOS E FRIJOLITO ESTÁ RECORTANDO.
AO TRABALLO VOU LIXEIRIÑO, VOU CHORANDO
PORQUE REBAIXAN SOLDOS, PORQUE DESPREZAN O MEU TRABALLO
VOU SUBINDO ESCALEIRAS, CRUZANDO PORTAS, SEMPRE CANTANDO
VANSEME HINCHAR AS BOLAS DE TANTO AXUSTE QUE ESTÁN
MANDANDO
Ningún comentario:
Publicar un comentario