Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 4 de marzo de 2016

As normas sobre os permisos xa están no DOG tras pasar pola prensa

Tal e como xa avanzáramos nesta nota, despois de chegar aos medios, chegaron as nosas intrucións de permisos ao DOG. En concreto no DOG do 4 de marzo  é onde podedes atopar a Resolución do 24 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas. Convén tela ben localizada por se hai que tirar man dela.

Novas relacionadas:

MALDITA PRENSA SUBVENCIONADA (I)

A prensa subvencionada anuncia como novidade unhas medidas de conciliación na Xunta que xa existían.


Estes últimos días, veñen de publicarse na prensa “convencional” do noso país as seguintes novas:

- La Voz de Galicia “La Xunta promueve medidas para favorecer la conciliación laboral de sus empleados”

- Faro de Vigo “Los funcionarios tendrán derecho a permiso de lactación aunque su pareja no trabaje”

Como bos servos dos seus amos, non se para, ningún destes xornais, a facer unha análise de en que situación estabamos antes, canto melloramos, se realmente é unha novidade ou, inclusive, se isto palía dalgún xeito os dereitos que levamos perdidos dende o ano 2012.

Concurso de Administración xeral: comisión de valoración

O martes remitiu Función Pública un escrito aos sindicatos presentes na Mesa Xeral para designar representantes na Comisión de valoración deste concurso.

O caso é que dá 5 días de prazo. Tal e como recollen as bases do concurso no seu punto VIII é a comisión a que fai a proposta de valoración provisional dos méritos. Así pois que ata que non estea constituída non vai saír publicada esa valoración provisional da que estaban depurando erros dado que se obtén informaticamente; con sorte poderemos vela na semana do 7 ao 11 de marzo. Recordamos que inicialmente falaban de febreiro, logo de finais de febreiro e ao final vai resultar case mediados de marzo, tal e como apostábamos xa a finais de xaneiro.

E logo aínda teñen o valor de vir e falarnos de que "ao longo deste mes nos facilitaran un borrador de ideas para o concurso permanente". Veña xa! Se falaban de resolver este concurso antes de finais de ano e aínda estamos sen baremación provisional! Non teñen interese ningún en convocar e resolver os concursos en tempo, canto e máis, en poñer en marcha un concurso permanete; ben se notou durante estes 7 anos, que prefiren ter a xente en comisión de servizos ou adscrición provisional. 

Apoio á preparación da promoción interna

Non falamos da EGAP, non, por desgraza e pese ás veces que temos reivindicado que se convirta nunha verdadeira escola de formación para o seu persoal e iso implica preparalo tamén nos procesos de promoción interna, como fai, por exemplo o seu homólogo estatal, INAP. Aquí, o único ao que podemos aspirar, parece ser, é a ter uns temarios bastante regulares, actualizados a contagotas, con sorte un par de meses antes dos exames.


En concreto, no INAP esta formación faise on line, previa anotación. Cada curso dispón dun banco de preguntas tipo test, organizadas de forma que poidan seleccionarse por temas, bloques ou o curso completo. Para unha mellor aprendizaxe dos alumnos, as respostas van acompañadas da súa correspondente xustificación ou razoamento. Ademais de pregúntalas tipo test, inclúense ligazóns a lexislación e a páxinas web onde os alumnos poderán completar información sobre os diferentes temas. Conta tamén con unidades didácticas, titorías para os diferentes temas ou materias, foros e naqueles casos nos que na oposición exista un segundo exercicio, o curso  contará cunha segunda fase de apoio á resolución de supostos prácticos.

Aberto o prazo dos cursos de idiomas da EGAP ata o 14 de marzo

No DOG do 4 de marzo publícase a convocatoria das actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo de solicitude rematará o luns, 14 de marzo, ás 14.00h.

Haberá cursos tanto na modalidade presencial como de teleformación dos seguintes idiomas: portugués (só teleformación), francés, alemá (só teleformación) e inglés; neste último é no único que hai niveis C1 e C2 e máis outra modalidade como a de "conversa", por suposto, presencial.

A matrícula, coma sempre, na web da EGAP. Ollo que o número máximo de actividades formativas que podes solicitar limítase a tres.

xoves, 3 de marzo de 2016

Unha semana intensa en asuntos de Función Pública que ao final resultou ser un "bluf"

Parafraseando a Rajoy polo do "bluf" e con perdón, esta semana íamos saber moitas cousas ou iso dicían na reunión da semana pasada pero, como xa prevíamos, quedáronse nunhas poucas cuestións basicamente relacionadas con borradores de procesos selectivos de escalas, que van seguir convocando este ano, na liña dos procesos xa convocados de non enterarnos das datas dos exames ata pouco antes do día D e na liña tamén de seguir controlando políticamente a designación dos tribunais... que o de facelo por sorteo como en Ensino non interesa.

Outra cuestión sangrante tamén é o decreto de listas de substitución, modificación puntual, tan puntual que por suposto seguirán cobrando 17€ por apuntarse a cada lista pero ollo que se non tes traballo nin prestación de desemprego e levas apuntado/a máis de 6 meses no paro, fanche un xeneroso desconto do 50%....

Ao lío:

mércores, 2 de marzo de 2016

Educación non mandará á rúa persoal funcionario, de momento

Na última xuntanza do 1 de marzo ao respecto da RPT de Educación non houbo moitos avances se ben se botaron para atrás na amortización de 8 postos ocupados por persoal interino; queda feo o de botar a rúa persoal cando se está en plena "recuperación económica"

En todo caso, só dúas delas teñen intención de conservalas definitivamente (CEPI de Catoira e IES Xesús Taboada Chivite -amortizan outro posto por xubilación-) porque as outras seis prentenden levalas por diante na seguinte modificación da RPT, e por suposto xa non sacalas a concurso, se as ratios de alumnos/as seguen igual.