Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

venres, 4 de marzo de 2016

Concurso de Administración xeral: comisión de valoración

O martes remitiu Función Pública un escrito aos sindicatos presentes na Mesa Xeral para designar representantes na Comisión de valoración deste concurso.

O caso é que dá 5 días de prazo. Tal e como recollen as bases do concurso no seu punto VIII é a comisión a que fai a proposta de valoración provisional dos méritos. Así pois que ata que non estea constituída non vai saír publicada esa valoración provisional da que estaban depurando erros dado que se obtén informaticamente; con sorte poderemos vela na semana do 7 ao 11 de marzo. Recordamos que inicialmente falaban de febreiro, logo de finais de febreiro e ao final vai resultar case mediados de marzo, tal e como apostábamos xa a finais de xaneiro.

E logo aínda teñen o valor de vir e falarnos de que "ao longo deste mes nos facilitaran un borrador de ideas para o concurso permanente". Veña xa! Se falaban de resolver este concurso antes de finais de ano e aínda estamos sen baremación provisional! Non teñen interese ningún en convocar e resolver os concursos en tempo, canto e máis, en poñer en marcha un concurso permanete; ben se notou durante estes 7 anos, que prefiren ter a xente en comisión de servizos ou adscrición provisional. 

O concurso permamente vén recollido para o persoal no V Convenio Colectivo desde 2009 e foron varias as ocasións durante estes anos que o director falou do interese en poñelo en marcha tamén para o persoal funcionario. Certo que recentemente falaron que a AMTEGA estaba traballando nuns pregos (dos que tampouco soltan prenda) do programa informático do "concurso permanente" e agora saen con esto do "borrador de ideas". Vaia ho, e se lle acorda, xusto agora, en pleno ano eleitoral!

Claro que existe desconfianza pero as traballadoras e traballadores públicos desta Administración temos sobradas razóns para iso e máis.

Novas relacionadas:

1 comentario:

  1. Este concurso dixo Función Pública cando se convocou que se resolvería antes de fin de ano, esto foi por maio de 2015, estamos a 4 de marzo do 2016 e ainda non temos o listado provisional de puntuacions, esto e de coña, estanos a tomar o pelo a todolos traballadores, e ahora saen con un concurso de ideas para mellorar, en fin seguen de coña, xa dixen varias veces que a noción espazo-tempo da Función Pública Galega non e igual que a dos restos dos mortais, dicen para fin de ano pero non para que ano pode ser para o 2020.

    ResponderEliminar