Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

venres, 4 de marzo de 2016

Apoio á preparación da promoción interna

Non falamos da EGAP, non, por desgraza e pese ás veces que temos reivindicado que se convirta nunha verdadeira escola de formación para o seu persoal e iso implica preparalo tamén nos procesos de promoción interna, como fai, por exemplo o seu homólogo estatal, INAP. Aquí, o único ao que podemos aspirar, parece ser, é a ter uns temarios bastante regulares, actualizados a contagotas, con sorte un par de meses antes dos exames.


En concreto, no INAP esta formación faise on line, previa anotación. Cada curso dispón dun banco de preguntas tipo test, organizadas de forma que poidan seleccionarse por temas, bloques ou o curso completo. Para unha mellor aprendizaxe dos alumnos, as respostas van acompañadas da súa correspondente xustificación ou razoamento. Ademais de pregúntalas tipo test, inclúense ligazóns a lexislación e a páxinas web onde os alumnos poderán completar información sobre os diferentes temas. Conta tamén con unidades didácticas, titorías para os diferentes temas ou materias, foros e naqueles casos nos que na oposición exista un segundo exercicio, o curso  contará cunha segunda fase de apoio á resolución de supostos prácticos.

Estamos a anos luz en canto a procesos selectivos e na promoción interna, en particular, que aquí vén sendo convocada aleatoriamente, cada moitos anos, sen saber exactamente a data dos exames, cambiando o número de probas, o modelo, os tipos de temas, pagando máis polas taxas e por último a escasa colaboración por parte da Administración de cumprir coa súa obriga de "fomentar as medidas tendentes á promoción profesional do seu persoal". Que mellor forma de cumprir esta obriga que formando específicamente ao seu persoal no acceso á promoción interna? Pero, non, sempre é mellor que despois de duros anos de recortes (máis que ningún outro empregado ou empregada pública) teñamos que gastar os cartiños que nos quedan nas academias.

Por certo, seguimos sen datas concretas; asegurou o director xeral que os primeiros exames serían  en  maio, ante os ruxe-ruxes de setembro, pero nada máis concreto. Tampouco comenta nada do nomeamento dos tribunais aínda que nos consta que están tendo as clásicas dificultades para atopar voluntari@s.  En calquera caso, vendo os antecedentes, como para fiarse antes de ver as datas no DOG ou canto menos na páxina web da Función Pública.

Novas relacionadas:


Ningún comentario:

Publicar un comentario