O día 20 de maio as 10:00 horas os axentes sociais tivemos unha reunión con representantes da Función Pública por o mal chamado Fondo de Acción Social (FAS) xa que só queda unha axuda (por atención de persoas con discapacidade) dende os recortes que fixo esta Administración no ano 2012.
A proposta de Acordo do FAS segue a vir únicamente con axudas para atención de persoas con discapacidade, polo que segue a manter limitadas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a cargo, axuda aos estudos de fillos/as e propios, adquisición de vivenda, gastos sanitarios e ópticos.
Todos estes recortes no FAS comenzaron no ano 2012 da man da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza, unha lei ditada ao abeiro dunha crise económica xa superada e da que o goberno do estado español xa ten levantado todas as limitacións de orzamento que puideran ser xustificación destes recortes. No cadro que vai deseguido vese a diferenza do FAS do ano 2010 comparado có actual.
Como
todos os anos, a CIG ofrece un servizo de realización do Imposto da Renda das Persoas Físicas (IRPF) aos afiliados e afiliadas.