Na reunión da Mesa Delegada da
Mesa Xeral de Empregados Públicos sobre os criterios de repartición
do Fondo de Acción Social, o día 5 de marzo de 2026 as 13 horas, a
que asistiron CIG, CCOO e UGT, por parte da Administración están o
Xefe de Servizo de Relacións Laborais e a Directora Xeral de Emprego
Público, a CIG alegou o que sigue:
A CIG pensa que xa
é hora de chamar as cousas polo seu nome xa que como
vimos denunciando dende hai anos é o mal chamado Fondo de Acción
Social porque del só queda unha única axuda: axuda para atención
de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais
deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade
propia, fillos/as menores, maiores a cargo, axuda aos estudos de
fillos/as e propios, adquisición de vivenda, gastos sanitarios e
ópticos.
Nesta proposta que é un “corta
e pega” de anos anteriores, solo muda o nivel das rendas anuais das
persoas causantes, que pasa do límite dos 15.120 aos 15.876 euros
pero non muda a cantidade da axuda que fica en 2.160 euros por
causante, exactamente igual que no ano 2020, 2021, 2022 , 2023 e 2024
sen actualizar nen tan sequera o IPC.
Neste corta e pega, ata ten algún
erro no borrador que nos envían como que excluen a CIG da
representación na Mesa Xeral de Negociación do Persoal Empregado
Público.
A CIG reitera as alegacións
presentadas en anos anteriores e que se resumen en:
• Incrementar o importe actual
como mínimo conforme o Índice de Prezos o Consumo (IPC) dos
derradeiros anos, para esta axuda.
• Recuperar todas as modalidades
de axudas do anterior FAS recoñecidas antes dos recortes, e
incrementalas progresivamente.
• Recuperar os importes
subtraídos no 2012 e chegar ao 1% da masa salarial.