Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 6 de marzo de 2026

REUNIÓN SINDICATOS E ADMINISTRACIÓN SOBRE O FONDO DE ACCIÓN SOCIAL (FAS) 2025


Na reunión da Mesa Delegada da Mesa Xeral de Empregados Públicos sobre os criterios de repartición do Fondo de Acción Social, o día 5 de marzo de 2026 as 13 horas, a que asistiron CIG, CCOO e UGT, por parte da Administración están o Xefe de Servizo de Relacións Laborais e a Directora Xeral de Emprego Público, a CIG alegou o que sigue:

A CIG pensa que xa é hora de chamar as cousas polo seu nome xa que como vimos denunciando dende hai anos é o mal chamado Fondo de Acción Social porque del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a cargo, axuda aos estudos de fillos/as e propios, adquisición de vivenda, gastos sanitarios e ópticos.

Nesta proposta que é un “corta e pega” de anos anteriores, solo muda o nivel das rendas anuais das persoas causantes, que pasa do límite dos 15.120 aos 15.876 euros pero non muda a cantidade da axuda que fica en 2.160 euros por causante, exactamente igual que no ano 2020, 2021, 2022 , 2023 e 2024 sen actualizar nen tan sequera o IPC.

Neste corta e pega, ata ten algún erro no borrador que nos envían como que excluen a CIG da representación na Mesa Xeral de Negociación do Persoal Empregado Público.

A CIG reitera as alegacións presentadas en anos anteriores e que se resumen en:

• Incrementar o importe actual como mínimo conforme o Índice de Prezos o Consumo (IPC) dos derradeiros anos, para esta axuda.

• Recuperar todas as modalidades de axudas do anterior FAS recoñecidas antes dos recortes, e incrementalas progresivamente.

• Recuperar os importes subtraídos no 2012 e chegar ao 1% da masa salarial.

• Compatibilizar esta axuda con outras que se poidan percibir, e que a resolución e aboamento sexa no mesmo ano natural da convocatoria para evitar os problemas con declaracións complementarias de IRPF.

• Que todas as axudas que se concedan sexan proporcionais ao nivel de renda das familias.

• Que se proceda a unha equiparación de todo o persoal público. Existe persoal na propia Administración Autonómica ou noutras que, por pertencer a Muface, teñen dereito a melloras desta axuda.

• Que esta axuda sexa incluída no recibo de salarios tamén para o persoal funcionario, co mesmo sistema de solicitude e xestión que ten o persoal laboral. De non facerse así supón un agravio comparativo para o persoal funcionario público que cada ano debe solicitar e achegar a documentación xustificativa para percibila con máis de un ano de atraso.
Ao respecto do mencionado neste punto, solicitamos que esta nova Dirección de Emprego Público e Administración de Persoal asuma e faga seu o compromiso da anterior Dirección Xeral de Función Pública que coincide coa nosa proposta.

• A CIG lamenta que tarden máis de dous anos en algúns casos en recoñecer a minusvalía de familiares a cargo e propoñemos que os familiares que teñan algún tipo de dependencia sea suficiente para entrar nesta convocatoría.

• Tamén propoñemos que se teña unha axuda para transporte, para os traballadores que se teñan que desplazar o seú centro de traballo.

A CIG quere unha negociación real, para que este sexa un auténtico Fondo de Acción Social, e non un Fondo de Axuda a Discapacidade, que vaia máis aló dunha simple liña de axudas para a atención de persoas con discapacidade polo que tamén o temos demandado na negociación dos Orzamentos anuais da Xunta de Galiza para permitir o seu incremento porque no non ten sentido manter os recortes que comenzaron no ano 2012 da man da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza.

Resposta da Administración: Por lóxica din que os erros os van a correxir e din respecto o FAS de 2025, que teñen un orzamento axustado so para a axuda deste exercicio, por o que todo o demáis que se poderá facer pouco a pouco no futuro si aumenta o orzamento, ou sexa que son lentexas, si non as queres as deixas.

Pregunta a CIG cando se publicará esto, e dín que falta varios trámites, como que pase por o Consello da Xunta e mandalo o DOG, máis calculan que nun mes este publicado dende a data da reunión, máis ou menos para primeiros de abril.

O dito anteriormente con esta Administración so nos dan lentellas, gosten ou non.

Ningún comentario:

Publicar un comentario