Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 30 de xullo de 2015

Montoro de rebaixas: oferta 1% de suba, 1 dia de AP e subir a taxa de reposición...

O amigo Montoro, ese tío tan simpático que vemos pola tele, ese que chegou a afirmar en pleno rescate que os soldos estaban a subir..., baixou persoalmente este xoves á tarde á area da negociación sindical a vendernos a moto a todos e a todas as empregadas públicas.

Non hai como perder unhas eleccións para que estes tíos se poñan a darnos faragullas, a darnos unha pequena parte do que nos levan roubado durante anos (estes e os que estaban antes, todo hai que dicilo).

mércores, 29 de xullo de 2015

Denuncia sobre as oposicións de Turismo: A Xunta de Persoal presentouse perante a citación da Fiscalía

Membros da Xunta de Persoal e outros compañeiros na comparecencia
A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, presentouse a semana pasada nos xulgados de Compostela atendendo a citación que a Fiscalía de Santiago fixo logo da denuncia presentada polas irregularidades das oposicións de Turismo de 2001 e que foron voltas a convocar este ano.

venres, 24 de xullo de 2015

Mañá saimos á rúa - 25 de xullo, día da PATRIA GALEGA

Por unha Galiza ceibe e sen explotación!

Un ano máis, a Confederación Intersindical Galega (CIG) chama a todos os seus afiliados/as e simpatizantes a participar de xeito activo nos actos que se celebran o 25 de Xullo por todo o país para conmemorar o Día da Patria Galega, así como na manifestación unitaria que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela o sábado baixo o lema 'A nación galega'.

mércores, 22 de xullo de 2015

Facenda aclara a versión de LibreOffice nas convocatorias de libre e promoción interna ao C2 por pedimento da CIG

Atendendo o escrito da CIG remitido o 30 de xuño de 2015, Facenda publicou no DOG do 22/07/2015 correccións de erros para as convocatorias de C2-libre e C2-promoción interna, aclarando que a versión de LibreOffice esixida nas probas selectivas será a 4.2.4.2.

A Xunta de Persoal dos SSCC presenta a denuncia polas oposicións de Turismo aos grupos parlamentares

A todos non, aos que nos quixeron recibir (o PP nin se sabe nin contesta)...

Onte, seguindo o acordado polo pleno da Xunta de Persoal, os representantes deste órgano de representación do persoal funcionario dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, entrevistáronse, por esta orde, cos grupos parlamentares de AGE (Yolanda Díaz) do BNG (Tereixa Paz) e do PSG-PSOE (Carmen Gallego).

venres, 17 de xullo de 2015

A Xunta cárgase 5000 empregos públicos en 5 anos

Na Voz de Galicia publicaban estes días unha nova puramente estatística: que a Xunta recortou 5000 traballadoras e traballadores públicos en 5 anos. Esta redución refírese ao global de persoal público da Xunta e inclúe polo tanto Sanidade, Educación, Administración Xeral e Xustiza.

Chama a atención a imaxe coa que ilustran a nova: non poñen a bombeiros forestais apagando lumes,a auxiliares de enfermería levantando anciáns, unha médico nun quirófano ou a mestres dando clase... Non, ilustran a nova co persoal de tarefas administrativas do edificio de San Caetano (foto de arquivo de cando existía Rexistro en Benestar e bastante antiga vendo as pantallas dos ordenadores).

Sabemos de sobra que a xente non comprende igual de ben o traballo que desenvolve un persoal sanitario ou docente que un persoal administrativo que fai un traballo públicamente menos agradecido pero que supón un suporte igual de importante para a prestación dos servizos públicos.

En calquera caso, e falando de prestación dos servizos públicos, nada se investiga na análise puramente estatística dos efectos desta redución de persoal, da non cobertura de baixas e vacacións, da sobresaturación nos servizos, das listas de espera, do peche de aulas ou da privatización de servizos públicos que logo resultan ser máis caros e do que, nalgúns casos, sae un cheiro a corruptela que tira para atrás. E claro, cando as Administracións fallan en axudar á xente, esta ten que organizarse e facer o que estas non fan surxindo platafomas, asociacións e diversas redes de solidariedade.


Boletín Saúde Laboral: machadazo europeo á saúde laboral

Xa está dispoñible para descarga o Boletín CIG Saúde Laboral Nº 15, publicación en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral elaborada polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG.

Para proceder á súa visualización ou descarga únicamente preme sobre a seguinte ligazón.
 
Poderase acceder a este contido de forma permanente na web do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG,  no espazo adicado ao Boletín CIG Saúde Laboral . Se queres recibir información de novas publicacións da CIG en materia de saúde laboral de xeito automático, por favor preme aquí.