Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 17 de xullo de 2015

A Xunta cárgase 5000 empregos públicos en 5 anos

Na Voz de Galicia publicaban estes días unha nova puramente estatística: que a Xunta recortou 5000 traballadoras e traballadores públicos en 5 anos. Esta redución refírese ao global de persoal público da Xunta e inclúe polo tanto Sanidade, Educación, Administración Xeral e Xustiza.

Chama a atención a imaxe coa que ilustran a nova: non poñen a bombeiros forestais apagando lumes,a auxiliares de enfermería levantando anciáns, unha médico nun quirófano ou a mestres dando clase... Non, ilustran a nova co persoal de tarefas administrativas do edificio de San Caetano (foto de arquivo de cando existía Rexistro en Benestar e bastante antiga vendo as pantallas dos ordenadores).

Sabemos de sobra que a xente non comprende igual de ben o traballo que desenvolve un persoal sanitario ou docente que un persoal administrativo que fai un traballo públicamente menos agradecido pero que supón un suporte igual de importante para a prestación dos servizos públicos.

En calquera caso, e falando de prestación dos servizos públicos, nada se investiga na análise puramente estatística dos efectos desta redución de persoal, da non cobertura de baixas e vacacións, da sobresaturación nos servizos, das listas de espera, do peche de aulas ou da privatización de servizos públicos que logo resultan ser máis caros e do que, nalgúns casos, sae un cheiro a corruptela que tira para atrás. E claro, cando as Administracións fallan en axudar á xente, esta ten que organizarse e facer o que estas non fan surxindo platafomas, asociacións e diversas redes de solidariedade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario